Outubro 2011
Halloween 2011
Pincha aquí para ver actividades de Halloween.
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/halloween/welcome.html
2012 Ano de Celso Emilio Ferreiro
Enviado por josean o Mér, 12/10/2011 - 18:12O Parlamento galego considera que Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912) foi un dos poetas «máis influentes» do século pasado, renovador e comprometido coa defensa das liberdades, ao tempo que «inspirador» para moitos creadores que o sucederon. Estas son algunhas das razóns argüídas onte polos grupos políticos na Cámara antes de aprobar por unanimidade unha iniciativa na que se pide á Xunta que declare o 2012 como ano de Celso Emilio co fin de «honrar» ao poeta social por excelencia no centenario do seu nacemento.
SER BILINGÜE RETRASA A APARICIÓN DO ALZHEIMER E AUMENTA A CAPACIDADE CEREBRAL
Enviado por josean o Dom, 09/10/2011 - 22:40Avalada por catro décadas de investigacións nun tema tan discutido como é o bilingüismo, Ellen Bialystok (Toronto-Canadá), referente en Psicoloxía, ven de publicar na revista "Neurology" o seu informe e as súas conclusións, reforzadas polas opinións de colegas seus :Judith Kroll (Pensilvania), Amy Weinberg (Maryland) e Teresa Bajo (Granada).
Nelas poderedes apreciar que xa non se poden por en tela de xuicio os beneficios do bilingüismo: ter competencias en dúas ou máis linguas mellora o comportamento do noso cerebro (investígase se tamén o tamaño) e mesmo retrasa a posibilidade de ter Alzheimer...
É a nosa responsabilidade preservar a lingua para as xeracións futuras: semella unha tarefa moi interesante que poidamos tamén, "de paso", mellorar as súas capacidades e "defender a súa memoria", non si?
O comezo da enfermidade de Alzheimer parece para que pode retrasarse ao redor de catro anos en falantes bilingües. Aprender unha segunda lingua e falala regularmente pode mellorar as vosas habilidades cognitivas e atrasar o comezo da demencia, segundo investigadores que compararon individuos bilingües con persoas que falaban só unha lingua.
O seu estudo suxire que os falantes bilingües son quen de retrasar os primeiros síntomas do Alzheimer, catro anos mais de media, cos monolingües. As habilidades lingüiísticas escolares que utilizas nas vacacións mesmo poden mellorar a función de cerebro ata algún punto.
O CAZO DE LOURENZO
Enviado por josean o Xov, 06/10/2011 - 00:57Trátase dun vídeo basado no conto "El cazo de Lorenzo" da escritora e ilustradora Isabelle Carrier. Coido que vos vai gustar moito, e que ademáis nos pode servir para que reflexionemos sobre as dificultades que día a día nos podemos atopar, e como ademáis de poder superarlas, nos sirven para ser mellores e medrar.