Proxecto Educación Responsable

LITERATURA Y EMOCIÓNS

Enviado por Anónimo o Xov, 23/03/2017 - 16:49

Os máis pequenos do cole traballaron co libro QUE TAL ESTAS  de Anthony Browne.Aqui vos deixamos unha  pequena mostra  visual do  seu traballo emocional.

 

 

https://drive.google.com/file/d/0B2GcqC-C0sVgdDRuaTJXUkFybVU/view?usp=sharing

REFLEJARTE ANO II

Enviado por Anónimo o Mér, 15/03/2017 - 22:51

A artista coa que estamos a traballar neste ano II, é  estadounidense Joan Jonas (Nueva York, 1936), pionera na práctica da performance, no cine experimental e  na vídeo-instalación, É  a protagonista dunha a mostra individual na que cinco films basados en performances creadas durante os últimos quince años actúan de contexto da nova instalación, en parte producida por Joan Jonas sobre o terreno y para a que  inspirouse nas  súas viaxes máis recentes e  no seu descubremento de Cantabria. Vídeo, dibuxo, danza, poesía e historia da arte ocupan o centro da sua práctica artística, inspirada moi tracuentemente  en relatos populares, novelas ou poemas.

Máis información: http://www.fundacionbotin.org/exposicion/joanjonas/index.html Visita Virtual: http://www.fundacionbotin.org/exposicion/joanjonas/visita.html

RECURSO DE REFLEJARTE

Enviado por Anónimo o Mér, 15/03/2017 - 22:39

O artista ó que nos achegamos ,no noso primeiro ano de participación no proxecto foi SOL Lewitt, aqui deixamos unha mostra  da exposición que adornou a aula de primeiro o curso pasado, inspirándonos neste artista, e a obra mural colectiva coa que o noso cole contribuiu á EXPOSICIÓN SOMOS CREATIVOS

 

 

GUIA DE RUTA

Enviado por Anónimo o Mér, 15/03/2017 - 22:29

En arquivo adxunto podedes ver a nosa guía de ruta e de traballo a desenvolver neste ano 2017

PROXECTO DE EDUCACIÓN RESPONSABLE

Enviado por Anónimo o Mér, 15/03/2017 - 22:18

 

O Claustro de profesoras e profesores do noso centro, diante dos retos tan complexos que cada día afectan ao noso campo educativo, decidimos embarcarnos neste proxecto, para contribuír á formación integral do alumnado de E.Infantil, Primaria e Educación Especial.
 
O Proxecto, do que estamos a traballar no segundo curso, desenvolvese en tres anos. Céntrase en favorecer o crecemento físico, emocional, intelectual e social das persoas,promovendo a comunicación e a mellora da convivencia nos centros escolares, e en fomentar a creatividade a partir do traballo con docentes, alumnos e familias.
 
Foi creado pola Fundación Botín e colabora a Fundación Barrié e a Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria.
 
No primeiro ano traballamos a educación emocional e o cole participou  na exposición itinerante “Somos Creativos”, que parte do recurso de Reflejarte, tendo como base o traballo do autor Sol Lewit.
 
Neste segundo curso estamos a traballar no desenvolvemento afectivo social, achegandonos as habilidades sociais e o cole participara na exposición de "Somos creativos", que se celebrará en Santiago o vindeiro mes de Abril, co recurso de Literatura e       Emocións.
 
Os recursos clasifícanse en: literatura e emocións, Coro das emocións, Reflejarte e Banco de ferramentas.
 
Intentamos sacarlle o máximo posible a cada recurso en beneficio do noso alumnado e a Valoración do traballo neste curso foi moi positiva. Agardamos que nos próximos cursos, aínda sexa máis satisfactorio.

EDUCACIÓN RESPONSABLE. CORO DAS EMOCIÓNS 2016

Enviado por Anónimo o Lun, 12/12/2016 - 21:39

PROXECTO DE EDUCACIÓN RESPONSABLE

CORO DAS EMOCIÓNS- EDUCACIÓN RESPONSABLE 2016

Canción es de noche(vídeo)

Canción Gaudeamos(vídeo)

Canción Chámome don polbo(vídeo)

Distribuir contido