6º VISITA O IES A GUÍA
De novo, como facemos todos os anos, o alumnado de 6º de primaria do CEP Plurilingüe Santa Tegra visitou o IES A Guía o martes 11 de febreiro, dentro das actividades programadas entre os dous centros, e reflectidas no noso Plan de Acción Titorial e na Programación do Departamento de Orientación, para facilitar a transición entre a etapa de Educación Primaria e Educación Secundaria.
Foi unha xornada instructiva á vez que agradable e amena, na que o profesorado do instituto e excompañeiros/as de colexio do noso alumnado, amosáronlles o que lles agarda na vindeira etapa do seu ciclo educativo como: o plan de estudos, as instalacións, as normas e valores que rexen a convivencia... Ademais, tamén tiveron tempo para atoparse e conversar cos seus antigos e futuros compañeiros/as, para divertirse con algún xogo e recibir algún agasallo, por cortesía do Instituto.