OBRADOIRO ENTRECULTURAS
O pasado 28 de xaneiro, invitado pola mestra Berta, visitou o noso colexio José Luis Barreiro, periodista e coordinador de Entreculturas, para impartir un obradoiro de “IGUALDADE E EDUCACIÓN DAS NENAS DO MUNDO” para todo o alumnado de 5º e 6º.
José Luis falounos da situación das nenas en moitos países que non poden acceder á educación porque son obrigadas a casarse moi xóvenes, a coidar dos seus irmáns pequenos…
Nos vídeos de MIRELLE E MALALA, vimos que esa situación pode cambiar.
Participamos nun xogo: “O TABÚ” para comprender mellor o significado de: micromachismo, abandono escolar, patriarcado, matrimonio forzado…
Algunhas compañeiras deron testemuña de vivencias e inxusticias provocadas polo goberno do seu país.
José Luis animounos a colaborar na “RED DE JOVENES SOLIDARIOS" e a coñecer a campaña ”La luz de las niñas” que axuda aos refuxiados para tratar de evitar o sufrimento de moitas nenas obrigadas a deixar a escola. A cantautora Rozalén colabora neste proxecto en GUATEMALA.
XUNTOS POR UN MUNDO MELLOR!!!