DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro celebrouse o "Día Mundial das Persoas con Discapacidade. Por este motivo, e co gallo do lema anual do noso centro dedicado á diversidade: "Somos iguais, somos diferentes. Somos persoas", decidimos levar a cabo varias actividades de sensibilización e concienciación co noso alumnado, intentando que viviran as experiencias e dificultades polas que teñen que pasar estas persoas no seu día a día. Porén, leváronse a cabo diversos obradoiros relacionados coa discapacidade visual, motriz, comunicativa, sensitiva e de recoñecemento de adaptacións de accesibilidade, como recoñecer obxectos polo tacto, facer percorridos con obstáculos sen visión, escritura en Braille, elaborar mensaxes mediante pictogramas e recoñecer en fotografías adaptacións na rúa para estas persoas, aparatos, obxectos, paneis... Para rematar fixose con todo o alumnado unha reflexion en grupo sobre as experiencias vividas nestes obradoiros".
Pensamos que a educación no respecto á diferenza debe ser un valor fundamental que se debe transmitir na escola.

Clicando na imaxe podedes ver unha mostra do que foi esta xornada tan especial e diferente.