Seguindo o proxecto “Fomento do Uso do Galego” que estamos a desenvolver no centro, unha das actividades que fixemos este curso foi a recompilación de cantigas. Pensamos que o xeito máis enriquecedor de levalo a cabo era directamente cos nosos maiores. Unha chea delas cantáronas, vivíronas e gozáronas, polo que consideramos que eran os mellores mestres que podiamos ter.
|
||
Acudimos ao Centro de Día Atalaia levando letras de cantigas que conseguimos a través de familiares ou da internet. Despois, cada un comezou a ler a letra da súa cantiga, excepto Vítor, que nos sorprendeu entoándola directamente. |
Os maiores foron cantándoas para que nós coñecésemos e aprendésemos as melodías. Tan ben o fixeron e tanto sentimento lle poñían que nos atrevemos a cantalas todos xuntos. |
|
Eles, ademais sorprendéronos con cantigas rescatadas da súa memoria e que nós descoñeciamos. Escribímolas para gardalas. Fomos cantando unha a unha e acompañámolas con instrumentos. |
||
Con estes estupendos mestres, aprendemos e gozamos moito. Desexamos poder repetir este tipo de actividades. | ||
Máis información e fotografías nos seguintes enlaces: |