Que ben o pasamos o día do Encontro Musical!
Este xa é o cuarto curso que realizamos este evento no noso cole. Foi unha xornada distinta. Aprendemos moito facendo actividades diferentes.
Comezamos a mañá bailando no patio danzas do mundo. Escollemos de Portugal, Dinamarca, Israel, Aragón e Galicia. Algunhas eran faciliñas aínda que outras… |
Despois chegou a hora de superar probas e contestar preguntas no xogo da Oca Musical. Que sorte tiñan os que caían na casa da clave se sol! |
O seguinte foi estar moi caladiños para escoitar ben aos nosos compañeiros concertistas.
Encantounos como tocaban!
E para rematar a xornada musical… Que mellor que construír cada un o noso propio instrumento? Os tambores de mango, dilidarjums e frautas de pan quedaron xeniais! |
|||||
Grazas mestres, un curso máis, por este día tan especial! Máis imaxes na GALERÍA DE FOTOS do noso cole. |