O venres, día 19 de abril, tivemos no colexio unha xornada distinta e moi especial con actividades dedicadas integramente á música. |
Unha convivencia entre alumnado e profesorado, que xa levamos realizando por terceiro curso consecutivo, na que aprendemos moito e o pasamos moi ben.
|
Estas son as actividades que fixemos: | ||
Bailamos danzas do mundo: Indo Eu (Portugal), Sete Saltos (Dinamarca), Don Melitón e Tris-Tras (Galicia) e Dance de Tena (Aragón). |
Respondemos a preguntas e representamos accións co “Xogo da Oca Musical” | |
Escoitamos moi atentos o concerto que deron algúns compañeiros do cole. | Elaboramos o noso propio instrumento con materiais de reciclaxe. |
|
No primeiro ciclo quedáronnos impresionantes os pampineros e as maracas. PASÁMOLO XENIAL, así que esperamos repetir esta xornada musical todos os cursos. |