Alumnado e profesorado do CEP Santa Tegra queremos dar a grazas a Ramón Trigo, “o debuxante”, ese gran ilustrador que, coa súa arte, deixounos as paredes que arrodean o noso colexio tan cheas de cor e de vida. Pero, ademais, porque dun xeito totalmente desinteresado, achegounos unha pequena parte da súa obra ao noso centro.
Unha mañá calquera dun día de outubro, cando se achegaba o tempo de Samaín, sacou un anaco do seu tempo, seguramente un ben escaso e prezado para el, e tróuxonos un conto feito por el mesmo,“El vampiro Félix”. Unha bonita trama con final feliz! |
|
Moitas grazas, Ramón, por compartir connosco a túa arte!! |