|
|
No noso colexio disfrutamos de moitas actividades, todas elas educativas, formativas e lúdicas. Esta consistiu nun obradoiro sobre os beneficios dos alimentos que nos axudan a estar sans e fortes, entre os que se atopan as froitas, as verduras e as legumes. |
|
Ángela deunos unha charla sobre a necesidade de tomar a diario froitas e hortalizas e invitounos a uns espetos de froita fresca moi saborosos. Dun xeito lúdico aprendemos que as froitas e as hortalizas axudan a coidar o corazón, o cerebro, a pel, os ósos, os riles… e a manter o noso peso equilibrado. Ademais algunhas delas, coma as uvas mesmo combaten o esgotamento mental, ou coma as cenorias que manteñen a pel moza, ou as fabas que son moi necesarias para que os riles funcionen correctamente. |
|
Por todo isto debemos tomar cinco racións de froitas e hortalizas ao día, tres de froita e dúas de hortalizas. |
|
O máis divertido foi facer os espetos de froitas e comelos. A froita estaba tan boa que non deixamos nin un pequeno anaco nas bandexas. COMÉMOLA TODA! Como colofón, regaláronnos uns diplomas por participar neste obradoiro tan apetitoso e unhas pegatinas para recordarnos a importancia de incluír froitas e hortalizas na nosa dieta diaria. |
|