Os nenos e nenas de 1º ciclo empezamos moi ben o mes de marzo xa que fomos coñecer a Biblioteca Pública Central de Vigo. |
|||
Está no casco vello, concretamente na rúa Joaquín Yáñez número 6, nun edificio de estilo modernista que data do ano 1889. Inaugurouse como biblioteca no ano 1995 pero antes diso foi unha casa particular, un almacén, a sede dun banco e un casino. César, o bibliotecario, explicounos que a Biblioteca Central ten máis de 150.000 libros, tamén ten cd´s, películas, periódicos e revistas. |
|||
Consta de cinco plantas, aínda que nós só visitamos a que nos corresponde pola nosa idade que é a infantil e xuvenil, destinada a rapaces e rapazas de cero a catorce anos. Ten unha enorme sala de lectura e, dentro desta, unha “bebeteca”, a zona dos máis pequenos onde as familias poden contarlles contos aos nenos e as nenas de cero a tres anos. |
|||
Ao fondo da sala de lectura está a sala de actividades, onde os sábados pola mañá hai ”contacontos” e cursos de pintura e cómic. Pasámolo fenomenal vendo e consultando unha chea de libros “pop-ups” moi especiais. Son libros que teñen figuras e formas tridimensionais. Había libros de princesas, fadas, piratas, monstros, dinosaurios, do corpo humano, do espazo, de casas, robots e un longo e interminable etcétera. |
|||
Aprendemos moitas cousas sobre como funciona unha biblioteca e o que se pode facer nela, pero o máis importante do que aprendemos é que HAI QUE COIDAR MOI BEN OS LIBROS para que todos poidamos disfrutar deles. Esperamos poder volver algún día e a moitos de nós gustaríanos facernos socios e disfrutar de todo o que nos ofrece que ademais é de balde. |
|||
Para ver máis fotos, visita este enlace á GALERÍA |