|
|
Este mes de xuño empezámolo fenomenal porque o día 1 disfrutamos dun contacontos na escola. | |
A historia titulábase "O león Leocadio" e trataba dun león, Leocadio, que como estaba tan aburrido na súa casa saíu a facer deporte. Primeiro foi correr, despois montou na bici, logo nadou co seu amigo o crocodilo e ao cabo dun rato quedou durmido mentres os seus pais chamaban por el: -Leocadio, Leocadio, Leocadioooo! |
|
Querían que voltara a súa casa e que fose buscar algún amigo. Leocadio foi onda eles e atopouse cun elefante do que se faría moi bo amigo e vivirían aventuras moi divertidas. |