|
O día 13 de xaneiro o alumnado de 4º, 5º e 6º, xunto coas mestras Ánxela, Esther e Conchi fomos A Coruña de excursión. Visitamos: o Acuario, a Casa das ciencias e o Museo do home.
|
No Acuario vimos unhas quenllas chamadas Gastón e Hermosa e tamén os seus ovos. Había todo tipo de peixes e tamén estrelas e cabaliños de mar... Pasámolo moi ben.
|
|
|
No museo do home había distintas máquinas relacionadas cos olores e sabores. Tamén vimos outras que medían: as pulsacións do corazón, a lonxitude do fémur, a forza e a velocidade dun lanzamento... Chamounos a atención a proxección dun vídeo do parto dunha muller e gustounos moito unha peli que nos puxeron en 3D. .
|
Que ven o pasamos na Casa das ciencias! Estivemos xogando a moitísimas cousas: fixemos burbullas, vímonos reflectidos nunha fonte de calor, lanzamos unha pelota ao aire, dimos velocidade a auga en movemento dentro dun recipiente pechado... E como remate tivemos unha sesión de cine no planetario facendo unha viaxe imaxinaria por distintos planetas.
|
|
CANTO APRENDEMOS NESTA SAÍDA!!!
Pulsa AQUÍ para acceder á galería de fotos
|