Naturnova

 
Titulo

O mércores día 2 de decembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º, fomos a Naturnova, ao centro de Educación Ambiental. Visitamos tres salas.

Mosaico fotos visita Naturnova 

 Na primeira dedicada ao Universo coñecemos de forma lúdica, dinámica e interactiva (a través de xogos de ordenador, puzzles,...), os planetas do sistema solar…
Fixemos un simulacro dunha viaxe nun submarino, dando un paseo polo fondo da ría de Vigo. Nel coñecemos algunhas das nosas especies mariñas.
A segunda sala, mostrábanos o noso planeta, a importancia que ten o ciclo da vida (o aire, a auga, o chan, os seres que o habitan…).

Por último na terceira sala, O Home e o seu medio, observamos como empregar os recursos e como adoptar condutas responsables para evitar o seu deterioro.

Para acceder á galería de fotos pulsa AQUÍ