Organización
INCIO CURSO 21/22: NORMAS E ORGANIZACIÓN
Enviado por bandaseca o Xov, 09/09/2021 - 06:57Continuamos co desenvolvemento do protocolo covid na mesma liña que o curso pasado. Adxuntamos como documento adxuntoa circular de inicio de curso que enviamos tamén en papel a través do alumnado e na seguinte infografía poden ver un resumo destas picando en cada unha das palabras dos círculos.
PLAN DE ENSINO VIRTUAL
Enviado por bandaseca o Ven, 29/01/2021 - 12:18Seguindo as instruccións da Secretaría Xeral, elaboramos un plan de ensino virtual como recurso en caso de corentena ou confinamento total.
Nestes casos pasariamos a desenvolver o ensino a distancia, desenvolto polo profesorado do centro que realizará o seguimento do alumnado. Deste xeito ainda que estemos confinados continuaremos con rutinas similares ao ensino presencial, garantindo a interacción entre alumnado e profesorado, a realización de tarefas e a avaliación do progreso.
Esto se traduce no desenvolvemento dun horario espello, similar ao presencial pero empregando a aula virtual do centro e os sistemas de videoconferencia. Esto conleva tamen a activación de mecanismos de avaliación e control da asistencia do alumnado. A conexión do profesorado e o alumnado respectará os horarios establecidos habitualmente no horario presencial, pero cunha duración duns 30 minutos por sesión, emprezaría a sesión 15 mintuos más tarde que a sesión presencial (a resolución establece que a comunicación sedrá dun 60% e o 40% restante de realización de tarefas.
RECOMEDACIÓNS COVID - CENTRO DE SAÚDE
Enviado por bandaseca o Xov, 24/09/2020 - 08:30Desde o centro de saúde enviaron un documento aos centros con recomendacións de actucación ante o COVID-19 para pais e nais.
Ademais das recomendacións xerais, conten para o caso de infeccións respiratorias ou como desinfectar as mascarillas.
GUIA FAMILIAS COVID
Enviado por bandaseca o Mér, 09/09/2020 - 09:26Adxuntamos unha pequena guía para as familias nesta situación de covid na que se resumen os cambios organizativos principais e nomvas normas, algunha dela aínda pode sufrir algunha pequena modificación segundo vexamos a dinamica. Esperemos que aclare algúns aspectos.
Mañana comezan os alumnos de 1º,2º e 3º .Os de 1º entrarán ás 9:30 salvo que veñan no transporte.
CARTELERÍA OFICIAL COVID-19
Enviado por bandaseca o Mar, 08/09/2020 - 18:32Colgamos a cartelería oficial da Xunta con recomendacións e normas xenericas de uso.
Esta cartelería estará colgada nas aulas, corredores, servizos,.. do centro.
PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19 E CONTINXENCIA
Enviado por bandaseca o Mar, 08/09/2020 - 18:15ESTE O PLAN DE ADAPTACIÓN A SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2020/21
AINDA PODE SUFRIR MELLORAS COAS APORTACIÓNS DE TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
TAMEN ESTÁN OS ANEXOS DO PLAN NOS FICHEIROS ADXUNTOS.
INSTRUCIÓNS 3º TRIMESTRE
Enviado por bandaseca o Mér, 29/04/2020 - 15:28A Consellería publicou as instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre que deixamos no documento adxunto.
As paxinas 2-9 son directrices xerais para todos os niveis
As páxinas 10-11 conteñen as específicas para primaria.
2ª AVALIACIÓN
Enviado por bandaseca o Mar, 31/03/2020 - 11:35A 2ª avaliación farase publica o vindeiro venres 3 de abril. Dadas as circunstancias actuais a entrega realizarase a través da plataforma abalar.
Polas circunstancias excepcionais que atravesamos, non serán avaliables as actividades relacionadas con sontidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade a declaración do estado de alarma.