ENTREGA NOTAS
Enviado por bandaseca o Xov, 18/06/2020 - 17:51As cualificacións finais publicaranse o dia 19 de xuño a partir das 10 h. a través da aplicación AbalarMobil.
Neste caso decidiuse facelo a esta hora por recomendación da Consellería e evitar o problema que houbo na 2ª avaliación onde a aplicación bloqueouse. Ao publicar todos os centros as notas a mesma hora, e ser o único medio de acceso para as familias, a aplicación se sobrecargou, nalgún caso non funcionou ata ben entrada a tarde. Por este motivo, a pesar que desde a Consellería aseguran que reforzaron os sistemas de xestión relacionados coa publicación de cualificacións, pediron que escalonáramos a hora de publicación e, se fora posible, adiantala para facilitar o acceso gradual das familias.
DEVOLUCIÓN DOS MATERIAIS EN PRÉSTAMO.
Enviado por bandaseca o Dom, 14/06/2020 - 17:19Ola familias!
Dende os máis pequenos ata os máis maiores, lembrade traer os libros que leváchedes como préstamo da biblioteca.
Xa sabemos que algún de vós xa os trouxestes. Pero os demais o día que veñades á escola a recoller o material ou a facer calquera outra cousa podedes aproveitar e deixar tamén o material de préstamo.
Os que teñades as "Mochilas Viaxeiras" debedes achegalas ao colexio.
Por seguridade puxemos os mobles de devolucións na entrada principal para que deixedes todo alí.
Aproveitade este tempo de verán para pásalo moi ben e adicarlle tempo á lectura que vós levará a mil e unha aventuras.
Un saúdo, A Vaca Pepa.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2020
Enviado por bandaseca o Dom, 14/06/2020 - 13:13Ola familias!
Presentámosvos as recomendacións lectoras deste ano para o verán. Están divididas en tres apartados:
- primeiros lectores
- lectores autónomos
- lectores expertos
Convidámosvos que escollades libremente en función do voso nivel lector e os vosos gustos.
Se clicades na imaxe da portada do libro atoparedes máis información sobre ese libro.
Esperamos acertar coa elección.
Felices lecturas e feliz verán!
A Vaca Pepa.
ACTIVIDADES 3º - PROXECTO LUDIEDUCA
Enviado por bandaseca o Ven, 12/06/2020 - 09:24Desde o proxecto Ludieduca da Cruz Vermella envían a derradeira actividade deste curso. Están no arquivo adxunto. É unha actividade dsobre a árbore xeneáloxica. Esta actividade é voluntaria para facer no tempo libre. Se queredes podedes enviar a Lorena os traballos ou fotos, ao correo que hai no documento . (loresa@cruzroja.es)
LIBROS DIXITAIS EN 5º
Enviado por bandaseca o Xov, 11/06/2020 - 09:56O centro foi seleccionado para a participación no proxecto EDIXGAL para o vindeiro curso.
Esto quere dicir que todo o alumnado de 5º terá libros dixitais (para o seguinte curso serán os alumnos de 5º e 6º). Ainda que neste caso non fai falta solicitar a axuda de libros, si que está vixente a axuda de material escolar de 50 € para aqueles que a soliciten e lles corresponda.
ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.
Enviado por bandaseca o Lun, 08/06/2020 - 11:31Ola a todos/as!
Estamos a rematar o curso! Quédannos dúas semanas!
Aquí tedes as tarefas de Educación Física.
1º a 4º de Primaria.
Esta semana e a que vén recomendámosvos seguir facendo actividade física todos os días.
Aquí deixámosvos diferentes taboleiros de mesa que nos convidan a xogar e a movernos.
Espero que os gocedes!
5º a 6º de Primaria.
Esta semana tedes seis retos.
Xa sodes uns expertos, así que moito ánimo e a conseguilos!
Un saúdo, os profes de EF.
ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.
Enviado por bandaseca o Lun, 01/06/2020 - 11:24Bos días a todos!
Aquí tedes as actividades desta semana.
1º e 2º de Primaria
Volvemos ter un xogo de taboleiro para xogar en familia espero que o disfrutedes.
Tamén vos convidamos a realizar a seguinte actividade: Gústanche os globos?
3º e 4º de Primaria
Esta semana tedes diferentes actividades con globos. Podedes utilizar outro tipo de material (pelotas blanditas, de voleibol, goma escuma,..) segundo a habilidade de cada un ou do material que teñades en casa. Ánimo!
5º e 6º de Primaria.
Nestes niveis seguimos cos retos: probas de equilibrio, de lanzamento e outras moi variadas.
Esperamos que o gocedes.
Un saúdo, os profes de EF.
ACTIVIDADES 3º A
Enviado por bandaseca o Lun, 01/06/2020 - 10:29Actividades para 3ª A no arquivo adxunto. Repaso: Unidade 3
EDUCACIÓN FÍSICA 1º- 4º e 5º- 6º.
Enviado por bandaseca o Lun, 25/05/2020 - 11:491º a 4º de Primaria.
A semana anterior os cursos de 1º a 3º de Primaria xa estivestes a traballar posturas de ioga e diferentes exercicios de relaxación.
Esta semana seguiremos traballando e coñecendo novas posturas de Ioga.
Este novo traballo é máis lúdico, teremos un pequeno taboleiro de xogo para aprender diferentes posturas de ioga de forma divertida.
A tarefa desta semana é seguir facendo actividade física todos os días e gozar do taboleiro, así que non tedes que enviarme ningunha tarefa a maiores.
Espero que gocedes con esta nova actividade.
5º e 6º de Primaria
Esta semana faremos traballo de equilibrio e un pouco de coordinación con globos. A tarefa: facer un pequeno vídeo cos exercicios dos vídeos.: EQUILIBRIO E COORDINACIÓN
Un saúdo, profes EF
FICHAS COMPRENSIÓN 3º
Enviado por bandaseca o Ven, 22/05/2020 - 12:26Ola a todos!
A compresión é unha das actividades máis importantes que teñen que adquirir os nenos. Para os que xa remataron, teñen estes recursos para fotocopiar.
Lembrar, antes de realizar as actividades, ler primeiro unha vez, para saber de que trata. Ler unha 2ª vez fixándose nas preguntas que deben contestar. Leo ás veces necesarias contestando ben as preguntas.
O importante non é ir depresa e facendo, pouco a pouco, ben.
Ánimo a todos
https://drive.google.com/drive/folders/1khSF8VD_2eVfqNRLTwogoovemxVdPKRK...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »