Skip to Content

Maio 2023

OBRADOIRO DE LOCUCIÓN CHARO PITA

 

Nesta biblioteca é un non parar! Hoxe tivemos un obradoiro de locución e expresión oral a cargo de Charo Pita. O noso alumnado de 4º traballou a expresión oral e a locución radiofónica como formación para o traballo na RADIO REXOUBA. Como sabedes, este curso fomos seleccionados para formar parte do programa "Radio na Biblio" e, xunto cos cambios previstos na nosa biblio, estamos moi ilusionados/as coas sorpresas e os retos que temos por diante.

 

EXPLORANDO A CONTORNA

Coa primavera e o bo tempo chegan as andainas para coñecer a contorna que facemos todos os cursos por estas datas. Estamos felices de recuperar as actividades que levabamos anos sen poder realizar. Nesta ocasión, as fotos son do alumnado de 4º que hoxe foron aos petróglifos da Laxe das Rodas e á lagoa de Louro.

XOGOXOVES NA BIBLIO

Continuamos cos xogos nas tardes dos xoves na biblioteca escolar e a cousa vaise animando. Alumnado, familias e mestras divírtense xogando na biblio cada xoves pola tarde. 

LETRAS GALEGAS 2023

O pasado martes 16 de maio, celebramos na nosa escola o Día da Letras Galegas. Nesta ocasión, e logo dos ensaios en días anteriores, bailamos todos/as ao son da muiñeira, grazas  ao acompañamento das gaitas e a percusión de familiares e mestres/as. De seguido, o alumnado de 6º  titorizou os xa tradicionais xogos populares que transcurriron nun ambiente festivo e alegre.

Deste xeito, logo de aprendermos nas aulas da importancia da nosa literatura e coñecer ao autor homenaxeado: Francisco Fernández del Riego, conmemoramos esta data da mellor das maneiras: disfrutando e xogando EN GALEGO.

 

OBRADOIROS TECNOLÓXICOS

Hoxe, coincidindo co Día da Familia, a nosa ANPA agasallounos cuns obradoiros tecnolóxicos a cargo de Vermislab que aproveitamos e disfrutamos moito. O alumnado de 5º e 6º estivemos aprendendo programación nas aulas de informática e o resto do cole disfrutamos moito coa robótica no ximnasio.

Grazas á nosa ANPA por facilitarnos esta experiencia!

ENCONTRO CON ALFONSO BLANCO

Hoxe, tivemos unha visita moi esperada: Alfonso Blanco. Trátase do autor do libro "A vida na Grecia Clasica" e profesor de latín e grego no IES Fontexería.

Estivemos  lendo o seu libro no club de lectura de 6º e foi tamén un libro de consulta obrigada para o alumnado de 4º, que estivo investigando sobre a Grecia Clásica dentro do PDI deste curso "As civilizacións ao longo da historia".

Contounos como era a vida na Antiga Grecia, de onde veñen moitas palabras que empregamos hoxe en día e moitísimas curiosidades e anécdotas desta civilización de un xeito moi ameno  e divertido.

Foi un placer poder escoitalo e que nos respondera ás nosas preguntas con tanta paciencia e cariño.

Moitas grazas, Alfonso!!

LIBROS AO PATIO

Chegou o bo tempo e apetece estar fóra. As nosas voluntarias encárganse de seleccionar as lecturas cada día e sacalas ao patio para disfrutar das boas historias ao aire libre. Se che apetece pasar un bo rato lendo na natureza, busca polas voluntarias no bosque estarán encantadas de compartir o recreo contigo.

Unha visita en infantil!

 

Na aula de 6° de infantil, unha compañeira xunto coa súa nai sorprendeunos cunha visita, na que nos ensinaron varios traballos que fixeron sobre Panamá e Venezuela, os seus países de orixe.

Coñecemos a pollera, vestimenta tradicional de Panamá, probamos as arepas...

 

Canto aprendemos da súa cultura!Risa

 

 

Sesión interaulas

O alumnado de 5ºB elaborou nas sesións de Educación artística diferentes xogos de mesa con materiais reciclados. 

Logo visitaron a aula de 1º para compartir un tempo de xogo cos máis pequenos e mesmo agasalláronllos para que teñan un novo recurso na súa aula!

Mirade que ben o pasamos!  Sorriso

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut