Skip to Content

Abril 2023

DÍA DO LIBRO 2023

Aquí vos deixamos a mostra do ben que o pasamos hoxe nos acompañamentos lectores que levamos a cabo para celebrar o Día do Libro. Preme na imaxe.

TARDES NA BIBLIO

3, 2, 1.... A Xogar!!!!

Todos os xoves de maio agardámosvos na biblioteca para botar unhas partidiñas. Xadrez, Dixit, xogos de construcción... todo preparado para pasar bos momentos de diversión na mellor compañía.

Animádevos a pasar tamén polas tardes pola nosa biblio.

 

 

CONTACONTOS BENXAMÍN NA BIBLIOTECA

Hoxe o alumnado de 1º e 2º disfrutou moito coa visita do contacontos Benxamín. E na biblio xa estamos preparando os apadriñamentos lectores que tanto nos gustan para celebrar o Día do Libro. Esta biblio non para!

Proxecto alimentación saudable

ODS 3: Salud y Bienestar… también mental

Os nenos e nenas de 1° de primaria estamos levando a cabo o proxecto sobre alimentación saudable!

 

  • Primeiro analizamos os nosos pratos favoritos, aprendemos a interpretar a información da pirámide alimenticia, fixemos un concurso de merendas e ata fixemos un mural sobre o consumo de azucre na nosa vida cotiá!

  

  • Ademais, nas sesións de Educación física levamos un rexistro diario do consumo de bebidas e refrescos.

 

  • Recibimos a visita do alumnado de 5º para coñecer toda a información sobre o noso proxecto e contáronnos cousas moi interesantes que tamén aprenderon en Ciencias naturais!

  

Pasámolo xenial! 

Sonrisa

 

 

A MINA CONTAMINA

O alumnado de 4º está a facer un traballo de investigación sobre o problema ambiental das minas de Sanfins. Para que vos fagades unha idea da problemática que afeta á nosa ría, deixamos aquí este bonito traballo audiovisual "A pinga e a lavandeira" realizado por O Centro de Saberes para a Sustentabiliade, Fundación Montescola, produtora cultural Axóuxere, o grupo Barahúnda e a Asociación Bubela de Abuín. 

VI CONCURSO DE RELATOS CURTOS MANUEL FABEIRO GÓMEZ

Un ano máis a nosa biblioteca presenta o Concurso de relatos curtos Manuel Fabeiro Gómez. Con el pretendemos fomentar e incentivar o valor da expresión escrita entre a nosa comunidade educativa; e por iso, animámosvos a todos e todas a que participedes e nos contedes algunha historia, anécdota ou ocorrencia que vos pase polo maxín. Só tedes que lembrar que debe facer referencia dalgún xeito a algunha civilizacion da historia, colleres un papel e un lapis e deixar que voe a vosa imaxinación. 

Premendo na imaxe accederás ás bases do concurso.

Boa viaxe!!

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut