Skip to Content

Marzo 2023

Primeiros auxilios

 

Objetivo de Desarrollo Sostenible 3 - Wikipedia, la enciclopedia libre   Taller primeiros auxiliosDoctora o enfermera tamaño grande de cara emoji amarilla | Vector Premium

Esta semana o alumnado de 3º finalizou a unidade didáctica de primeiros auxilios en Educación Física.

Para rematar elaborouse un taller en colaboración co servizo de pediatría e enfermería do SERGAS, contando coa participación de Silvia Dosil e Cambeiro. 

Unha actividade moi enriquecedora para toda a comunidade educativa e na que aprendemos moitísimas cousas!

Agradecemos moito a súa participación! 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O CONTACONTOS DA BIBLIO DURANTE O RECREO DE HOXE FOI TODO UN ÉXITO! 

 

 

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe conmemoramos o Día da Árbore plantando unhas árbores froiteiras no patio e lendo o noso manifesto de compromiso coa natureza.

No seu día recolleremos os froitos do que hoxe sementamos, ao igual que agromou e medrará en nós o respecto polo medio ambiente.

 

DÍA DA POESÍA 2023

Canta, meniña,
na beira da fonte;
canta, daréiche
boliños do pote...

 

Para conmemorar o Día da Poesía fixemos un pequeno festival onde cada grupo interpretou un  poema musicado que tiña preparado con antelación.

Os nosos/as artistas disfrutaron volvendo subir ao escenario! Aquí vos deixamos un video resumo das actuacións. 

23.03 CONTACONTOS NA BIBLIO

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Chegou o 8M un ano máis, e aínda que no noso centro defendemos a igualdade durante todo o curso, chegada esta data sempre programamos algunha actividade para darlle maior visibilidade ao Día da Muller.

Como exemplo de muller referente do noso concello, este 8M  tivemos a oportunidade de coñecer e entrevistar á alcaldesa de Muros: Inés Monteagudo Romero. Témoslle que agradecer a súa dispoñibilidade para contestar ás nosas preguntas, que non foron poucas, e por suposto, a súa amabilidade.

 

 

 

Co lema "Muller axuda a muller" fixemos un collage con fotografías das mulleres do Ramón de

Artaza: alumnas, nais, mestras, exalumnas.... Mirade que ben nos quedou!

 

Como podedes ver o voluntariado da biblio xa nos ten preparada a selección de lecturas

feministas. Lembrade que estes fondos  atópanse no ANDEL VIOLETA.

 

Se queredes saber máis, deixamos aquí algún enlace sobre o tema:

 

Guiño   http://muros.gal/construimos-igualdade/

 

  Risa https://view.genial.ly/6042212cb75eaa0d49a2d050/presentation-8m

 

 

 

 

 

 

 

CONCURSO MENSUAL DE ADIVIÑAS

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut