Skip to Content

Maio 2022

O GOLFIÑO MANOLIÑO

Este precioso video é o resultado dun arduo traballo levado a cabo polo alumnado de 2º de primaria e dos seus mestres María Quintáns e Jose Peleteiro. Con el participan no proxecto "Nós tamén creamos" convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Para nós xa son os gañadores absolutos!!!

 

Pois se che gustou o conto preme aquí para ver o MAKING OFF e verás o ben que o pasaron na súa elaboración.

XOGOS DAS LETRAS GALEGAS 2022

E por fin chegou o día dos Xogos da Letras Galegas! Os alumnos e alumnas de 6º fixeron de monitores/as en cada estación dos diferentes xogos. Con moita paciencia axudaron e explicáronlles os xogos a todos os compañeiros/as que ían rotando polas diferentes estacións cos seus profes. Pasámolo de marabilla! Aquí deixamos unha fotos deste día para a lembranza. Agora uns días de descanso e a cargar pilas para o último tramo do curso, que xa vai rematando.

 
 
 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Estes días estamos de celebración. É a semana das Letras Galegas. Fixemos pescudas nas aulas sobre a vida do autor homenaxeado: Florencio Delgado Gurriarán. Montamos unha exposición de murais con versos do autor, e hoxe, tivemos obradoiros de muiñeira en todos os cursos.Pasámolo xenial!

Mañán teremos os nosos tradicionais Xogos das Letras; unha xornada lúdica que volveremos a disfrutar todos xuntos/as por fin.

Valoramos e sentimos orgullo da nosa lingua e da nosa cultura!

ACTIVIDADES 5 DE MAIO

Hoxe foi un día de moito movemento e alegría no noso cole!

O alumnado de Infantil foi visitar o GES de Muros dentro do seu proxecto de "A Patrulla Canina". Temos que agradecerlle ao persoal do GES a súa atención. Fixeron disfrutar aos nenos/as moitísimo coa visita. Como vos podedes imaxinar quedaron impresionados co coche de bombeiros e xa están desexando volver.

Por outra banda, o alumnado de 1º e 2º ciclo tiveron a visita de Toupiciencia "A Xanela do Maxín" onde falaron e experimentaron sobre ciencia con moito humor, ao tempo que o pasaron xenial.

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut