Skip to Content

Marzo 2022

CONCENTRACIÓN POLA PAZ

Aquí vos deixamos unhas fotografías da concentración pola paz de hoxe. Como ben dicían María e Simón no manifesto pola paz que nos leron: " os nenos e nenas do mundo temos dereito a vivir en paz". Agardamos que este desexo pronto se faga realidade.

#nonáguerracontraainfancia

 

  

 

SOLIDARIEDADE CON ACRAÍNA

DÍA DA POESÍA 2022

"Abride esa fiestra que quero ver o mar" foron as derradeiras palabras de Rosalía ás que nós, neste día da poesía 2022, quixemos homenaxear. En todas as aulas decoramos esas fiestras e fixemos un concurso. Mirade que bonitas quedaron!

Ao mesmo tempo o alumnado voluntario de 5º e 6º pasou polas aulas dos máis pequenos/as a recirtarlles os seus poemas preferidos.

 

 

8M. AS NOSAS MULLERES VALENTES

Non temos máis que ollar ao noso carón para ver que as nosas familias, rueiros ou vilas  están cheos de mulleres marabillosas con vidas extraordinarias. Este ano quixemos adicar o 8M a todas esas mulleres que están entre nós, recoñecelas e valoralas coma verdadeiros referentes cotiás nas nosas vidas. O alumnado coa axuda das familias, elaboraron relatos e descricións realmente significativos e moi emotivos. Podedes botarlle un ollo ao traballo premendo na imaxe.

 

    

ENTROIDO 2022

Bo día chicos/as!!!

Deixamos aquí o vídeo que fixemos do Entroido. O desfile, o concurso de murgas...Que alegría! Abofé que foi un día ben  emotivo para nós, xa que despois de tanto tempo de restriccións, por fin pudemos xuntarnos todos/as no patio. O tempo acompañou e disfrutámolo coma nunca!!

Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut