Skip to Content

Decembro 2021

BO NADAL

Preme na imaxe para ver un pequeno vídeo onde se mostran as postais do concurso xunto coas gañadoras deste ano e a decoración da nosa escola nestes días.

Con el queremos facervos chegar os nosos mellores desexos para estas Festas e para o vindeiro ano 2022.

QUE O MAR ESPALLE ALEGRÍA, ILUSIÓN, SAÚDE E PROSPERIDADE EN CADA RECUNCHO DA NOSA COMUNIDADE.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

E aquí vos deixamos as recomendacións de lectura da nosa biblio para este Nadal  e xunto con elas, coma sempre, queremos desexarvos unhas moi FELICES FESTAS e unha marabillosa entrada no ANO NOVO.

BO NADAL e FELICES LECTURAS!!

ESPECIAL VOLCÁN DA PALMA

Esta marabillosa reportaxe informativa é o resultado de un intenso traballo de investigación e colaboración que levou a cabo o noso alumnado de 6º de Infantil con alumnado de 2º de E.Primaria do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro. Non volo perdades porque é realmente divertido e interesante.

Moitos parabéns ao alumnado e profesorado que o levou a cabo!

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Un ano máis chegou o concurso de postais de Nadal. Aquí vos deixamos as bases do concurso e lembrade cal é o tema deste ano.

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

A VISITA DO "XOUBAS"

Hoxe tivemos polo cole ao "Xoubas", un vello mariñeiro, que andivo polas aulas queixándoselle á rapazada da cantidade de lixo que atopaba no mar cada vez que sae a pescar e pedindo a colaboración do alumnado.

 

 

Pasamos un bo rato parolando e reflexionando con el sobre o tema da contaminación mariña. Deixounos un xeroglífico que disque atopou entre as crebas para ver se podiamos axudarlle a descifralo. A ver quen o pode descifrar?

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut