Skip to Content

Novembro 2021

PROXECTO VOLCÁN 6º DE INFANTIL

Non vos perdades este precioso vídeo onde se fai un resumo do que levan traballado o alumnado da aula de 5 anos coa súa profe Sara. Este proxecto sobre os volcáns está sendo de verdadeiro interese para os rapaces/as. Proximamente farán unha videoconferencia cun grupo de alumnado do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, que tamén traballa este tema, para poñer en común o aprendido, colaborar e ao mesmo tempo coñecerse.

Noraboa aos nosos pequenos e pequenas expertos en CIENCIA!!

 

 

VIDEO 25N

AS MANS E AS PALABRAS PARA ACARIÑAR.

Preme na imaxe para ver o video.

TOUPI CIENCIA. A XANELA DO MAXÍN

Non vos podedes perder esta miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia. Son 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

O proxecto conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.

Preme na imaxe para acceder aos videos no Portal da Lingua Galega.

 

 

LECTURAS PARA OS 365 DÍAS DO ANO

 

Chega o 25N, e con el, incidimos un pouco máis na importancia de tratarnos con respecto, na igualdade, no positivo de falarnos con amor e nos beneficios de coidarnos e acariñarnos entre iguais... Son aspectos que nos acompañan durante todo o ano pero, nestes días, tratámolos con especial importancia. Por iso, estamos planificando varias actividades para mañán e preparamos este pequeno genially con recomendacións de lecturas sobre o tema.

Felices e valentes lecturas!


 

O POLO PEPE NA CLASE DE 3 ANOS.

Os nenos e nenas de 4º de E.Infantil e a súa profe Carmen están levando a cabo un precioso proxecto sobre os contos. Un dos contos que máis lles gustou foi O polo Pepe. No seguinte video podedes ver cantas cousas aprenden e o ben que o pasan os pequenos e pequenas do noso cole a través dos contos que tanto nos gustan a todos/as.

 

NOVIDADES NA BIBLIO

Lembrades as propostas de lecturas que  fixestes o pasado día da biblioteca? 

Pois o polbo Ramón  fixo os seus deberes e xa conseguiu moitos dos fondos que lle solicitastes. Correde que voan!

FELICES LECTURAS!

OBRADOIROS 25N

Onte o alumnado de 5º e 6º levou a cabo os obradoiros de educación afectivo-sexual organizadas polo Centro de Información da Muller do Concello de Muros co gallo do 25N.

CLUB DE LECTURA . NOVEMBRO 2021

Que ilusión nos fixo inaugurar o club de lectura deste curso!

Empezamos  cun clásico de Roald Dahl que nunca falla: MATILDA.

Pasámolo xenial e estamos desexando rematalo para volver a xuntarnos.

 
   
   

 

 

MAGOSTO

UN ANO MÁIS CHEGAMOS Á CELEBRACIÓN DO  MAGOSTO. CUN DÍA ESTUPENDO DO VERANIÑO DE SAN MARTIÑO, SAÍMOS AO PATIO A DEGUSTAR AS SABOROSAS CASTAÑAS E GOZAR COS XOGOS E CANTIGAS POPULARES TÍPICOS DESTAS DATAS.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están empezando a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS da biblioteca. Nelas hai contidos para toda a familia. AGARDAMOS QUE AS DISFRUTEDES MOITÍSIMO!!

CONTACONTOS 25N NA BIBLIO

Hoxe o alumnado de infantil, 1º e 2º disfrutaron de contacontos e obradoiros de Igualdade na biblioteca dentro do programa de actividades do CIM polo 25N.

 

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Aquí vos deixamos o enlace da programación de actividades de divulgación científica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Preme na imaxe e atoparás materiais, actividades e o manifesto do mes da ciencia 2021.

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Comezamos o Mes da Ciencia na biblio con este precioso traballo feito por Mateo e Íker Figueiras Robles.

Na clase de 5 anos están moi afanados preparando unha exposición sobre os volcáns. Para iso, levan un tempo investigando sobre o tema e incluso fixeron maquetas! Mateo tiña moito interese por saber máis e, coa colaboración do seu irmán Íker de 3º de primaria, fixeron este traballo que hoxe expuxeron conxuntamente aos seus compañeiros e compañeiras de 6º de E. Infantil.

Quedamos encantados/as coa iniciativa, interese e curiosidade destos pequenos científicos!!

 

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut