CAMIÑO DE ENTROIDO
No noso cole estamos de Entroido por iso, imos facer o "Camiño do Artaza" coma auténticos peregrinos. Para conseguir a "Compostela" habemos de superar as probas das seguintes ETAPAS:
* PREGUNTOIRO XACOBEO NA BIBLIOTECA. O polbo Ramón fíxonos chegar unhas preguntas sobre o camiño de Santiago. As respostas a estas preguntas están nos libros de consulta da nosa biblio e, para atopalas, deberemos empregar as nosas competencias de usuarios/as da biblio. Contestando correctamente a estas preguntas conseguiremos o selo da primeira etapa.
* EXERCICIOS DO CAMIÑO. Como bo peregrino/a debemos estar en forma. Para acadar o segundo selo deberemos pasar unha probas na clase de E.Física.
* MURGA XUBILEA. Temos que compoñer, interpretar e gravar unha murga segundo as bases do concurso que nesta entrada se achegan. Con esta terceira proba completaremos o camiño.
Ademais cumpriremos os simpáticos mandados do Facundo. O venres 12, toca disfrazarnos de peregrinos/as e visualizar as murgas de todas as clases. Disfrutaremos tamén da tradicional chocolatada que nos agasalla a ANPA cada ano.
Como podedes ver: "Nin borrascas, nin pandemia,
ninguén poderá impedir
que aquí no Ramón de Artaza
nos podamos divertir"