Skip to Content

Novembro 2017

# equaliter violencia de xénero

Xa podededes ver o video editado polo CEIP Aquilino Iglesia Alvariño no que paticipou o noso cole no mural 

 Proxecto #equaliter.

#Equaliter 25N

Para celebrar o Día contra a violencia de xénero unha das moitas actividades que fixemos no centro  foi:

- Co formato de twitter (paxaro incluído) , facer un mural co hashtag #Equaliter poñendo as verbas de cada neno en contra deste tipo de violencia .

- Cada neno/a pegou o seu # nun mural que representa totalidade do alumnado do centro.  

Este foi o resultado final.

25N

Con Motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista que se conmemora o 25 de novembro a nosa Biblioteca Escolar foi un fervedoiro de actividade e participación. Fixemos unha exposición de lecturas relacionadas coa temática en cuestión: Igualdade, respecto, valores e dereitos humanos son os temas que subxacen nos contos escollidos e traballados nas aulas. Fixemos murais e engalanamos todo o centro coas mensaxes da campaña “Muros en Negro” O xoves 23 de novembro tivemos a vitsita da Sra alcaldesa, Maria Xosé Alfonso, xunto con dúas representantes do CIM de Muros: Julia e Mari Carmen , que agasallaron aos nenos e nenas de todo o colexio cun exemplar da Guía dos Bolechas do Centro de Información á Muller de Muros. Fermosa a iniciativa coa que se pretende achegar ao alumnado a importancia do respecto, da empatía ou da autoconfianza. E, por suposto, que entendamos que os dereitos, son iguais para todas as persoas, independentemente do sexo, a raza, a posición económica ou a lingua que falen: “igualiños, igualiños”! As nenas e nenos do noso centro, o Ceip Ramón de Artaza, recibiron con ilusión o novo exemplar dos irmáns máis queridos pola rapazada, leron un manifesto comprometéndose coa igualdade e o respecto á diferenza e entrevistaron a alcaldesa que contestou pacientemente a todas as súas preguntas.

 

Os Bolechas promoven a igualdade en Muros

 Os Bolechas promoven a igualdade en Muros. 

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista que se conmemora este sábado, a cativada do CEIP Ramón de Artaza de Muros recibiu a nova guía dos Bolechas editada polo Concello para concienciar sobre a igualdade de xénero.

 

 

 Máis información no seguinte enlace: https://osbolechas.gal/noticia.php?id=298

25N

Culturgal 2017

Cartel do Culturgal 2017O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá do 1 ao 3 de decembro a décima edición do Culturgal, que presentou este luns a súa programación. Están programadas máis de 130 actividades, dirixidas tanto aos profesionais como ao público xeral, e ao redor de 120 expositores para un evento que combina a difusión cos encontros profesionais. O grande obxectivo é tecer pontes entre empresas, institucións e cidadanía arredor da cultura feita en Galicia. Pódese consultar a programación nesta ligazón.

Lecturas contra a violencia de xénero

logo

O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para contribuír a traballar contra a violencia machista, iremos compilando aquí unha serie de recursos de interese para facilitar o traballo do persoal docente e familia (pinchar en cada enlace):

  • · selección de obras das maletas de Igualdade: nesta selección ofrécense lecturas para abordar distintos temas dentro do ámbito da igualdade; entre elas ofrécense tamén algunhas suxestións para traballar a violencia contra as mulleres. Véxase a nova publicada no Boletín. No pé da nova figura un documento coa listaxe das lecturas recomendadas.
  • · espazo web de Bibliotecas escolares onde se compilan recursos para traballar en primaria e secundaria.
  • · biblioteca de Igualdade e Feminismo na Biblioteca do IES Laxeiro (Lalín); esta web contén unha selección de recursos excepcional para traballar o campo da igualdade. Dentro desta selección hai moitos volumes adecuados para traballar a violencia de xénero.
  • · publicación Libro do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero (2015), coordinado pola profesora Gracia Santórum. Trátase dunha publicación realizada polo alumnado do IES Laxeiro (Lalín) na que se conxuga a poesía e a arte visual para denunciar a violencia de xénero.
  • · guía de recursos (libros e películas) do portal "Vida sin violencia".

DÍA MUNDIAL DOS NENOS

 #DíaMundialdelosNiños, DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA 2017

O 20 de novembro os nenos toman o mando, grazas á campaña que UNICEF pon en marcha para a celebración do Día dos Nenos 2017. Segundo UNICEF, os nenos soñan con ser escoitados e tidos en conta. Teñen boas ideas e potencial para cambiar as cousas.

Por iso, queren que o 20 de novembro convértase nunha xornada para reivindicar que TODOS Os NENOS DEBEN GOZAR DOS seus DEREITOS, e que sexan eles mesmos os que llo lembren ao mundo.

Tamén FREDO FOX colabora como superagente dos dereitos da infancia e percorre o mundo para falar cos nenos, para despois visitar os colexios españois mostrando o cumprimento deses dereitos. Os nenos asinan con el o seu compromiso e lanzan o seu berro de guerra:

E para terminar, unha canción de ESPERTANDO As NEURONAS para difundir e respectar os dereitos da infancia:

 

PLAN DE FOMENTO DA LECTURA 2017-2020

XA PODEDES CONSULTAR O NOVO PLAN DE FOMENTO DA LECTURA NA WEB DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN: http://fomentodelalectura.mecd.gob.es/el-plan.html

 

Poly, a nova Biblioteca de Imaxes prediseñadas en 3D de Google en código aberto

https://poly.google.com/

Google lanzou unha biblioteca dixital de obxectos 3D creados polos usuarios que se poden utilizar para poboar mundos de realidade virtual e aumentada que chamou Poly,

 

Poly é unha base de datos de código aberto que funciona como unha biblioteca de imaxes prediseñadas e que permite a calquera persoa atopar e descargar formas tridimensionales, desde árbores e animais simples ata edificios e contornas complexos.

Organízase nun menú despregable cos apartados que podes ver na imaxe da dereita.

As imaxes foron deseñadas por artistas que crearon os seus obxectos utilizando as aplicacións integradas de pintura e esculpido de realidade virtual de Google, Tilt Brush e Blocks.

 

Os obxectos deben cargarse rapidamente na plataforma Daydream VR de Google.

 

Os obxectos e as escenas completas pódense ver e descargar en navegadores móbiles ou de escritorio, e pódense usar con aplicacións de desarrollador como ARCore de Google ou a versión de Apple, ARKit.

 

Os usuarios poden modificar e volver subir obxectos a unha nova lista, pero Google sempre os acreditará e vinculará á fonte orixinal.

 

Espérase que a base de datos se converta nunha ferramenta útil para os afeccionados e desarrolladores de RV e RA

 

En termos de arquitectura, a biblioteca xa inclúe representacións en 3D de rañaceos, cabanas, faros e mesmo o Coliseo.

 

A procura da palabra "cadeira" presenta modelos móbiles de cadeiras de cociña, cadeiras de escritorio e tumbonas, así como un artigo chamado That Expensive Chair.

 

Permite, tamén, crear gifs coas imaxes prediseñadas, compartilas e descargalas elixindo tamaño e velocidade do gif.

 

Ten mandos para virar en 360º e ver as imaxes en pantalla completa.

 

Pode ser unha ferramenta e biblioteca de imaxes en 360º útil para a súa utilización en deseños en artes plásticas e tecnoloxía.

MAGOSTO 2017

No día de onte celebramos o magosto moitas grazas a todos/as polas castañas e petiscos.

QUERO CANTAR

Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas

"Construír ciencia é poñer a lupa sobre o que xa se coñece, identificar o aplicable ao noso soño e intentar completar as pezas que faltan do crebacabezas con novas ideas que, como non, deben ser verificadas; trátase dun proceso creativo que require paixón antes o desafíos e moito traballo". Peregrina Quintela Estévez.

Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares. Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redaccióndun "manifesto" que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas. A matermática Pregrina Quintela Estévez, Premio "María Joséfa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste anon 2017. Paralelamente, edítase un documento coa programación prevista nas bibliotecas públicas dependentes da consellería. En relación coas bibliotecas escolares, este documento recolle as principais liñas de actuación en materia de ciencia impulsadas desde o programa de bibliotecas escolares. 

Son moitas as bibliotecas dos centros educativos que aproveitan este mes de novembro para difundir os seus recursos no ámbito científico, para dar a coñecer figuras galegas importantes no mundo da ciencia, ou para propor actividades de ciencia ao alumnado. Desde aquel LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, de 2013, obsérvase unha maior presenza de actividades de ciencia nas bibliotecas escolares, unha maior integración das ciencias e das humanidades, que é un dos obxectivos principais do programa de bibliotecas escolares. Para apoiar que esas propostas e actividades se realicen en galego, desde a Asesoría de bibliotecas escolares mantense unha páxina en PINTEREST, adicada aos libros informativos de ciencia en galego. Mantense, así mesmo, unha páxina de recursos relacionados coa ciencia en galego. 

Video do Samaín 2017

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut