Esta é a semana que finalmente decidimos ir plantar no monte.
O mércores, 11 irá o grupo ecolóxico a preparar as cousas. Hai moito que facer: inventario de árbores vivas, os seus tamaños, espacios disponibles para plantar, pequenas podas (xa é algo tarde), organizar o espacio de plantación do día seguinte, etc.
Preparando as árbores para levar ó Xibao
Logo irá todo o colexio, o xoves 12, para plantar 50 árbores e moitas landras. Será un impulso máis á nosa parcela do monte que foi en tempos un lugar abandoado, con verquidos incontrolados, e agora estase a converter nun lugar fermoso. Co tempo estamos a acadar un xardín botánico de especies propias, diferentes dos piñeiros e eucaliptos que tanto abondan por aquí: carballos, castiñeiros, salgueiros, amieiros, capudres, biduieros, freixos, avelaeiras, …
Promete variedade e riqueza!