CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

5º Curso

Visita dos alumnos de 5º ás Salinas de Vigo

     O día 25 de novembro os alumnos/as de 5º foron facer unha visita ás Salinas de Vigo. Alí explicáronlles a forma de como as  descubriron debido a unhas escavacións para facer un edificio no ano 1998 e mostráronlles distintos obxectos que atoparon alí. Tamén lles ensinaron os distintos usos do sal mediante vídeos didácticos e paneis e, por suposto, despois visitaron a propia salina aínda que só  un anaco xa que era tan grande coma 25 campos de fútbol. Os escolares tiveron ocasión de mirar cómo a cidade de Vigo creceu grazas ós terreos que se lle comeron ó mar e incluso cheiraron unha salsa especial chamada "garum" que os romanos facían coas vísceras do peixe e sal para engadirlle ás súas receitas culinarias.
Distribuir contido