CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Festival de Nadal 2008

O venres, 19 de decembro, celebramos o tradicional festival de Nadal no ximnasio do colexio.  ¡Nunca viñeran tantos pais e nais a visitarnos!

Tivemos moitas actuacións e foi un festival moi bonito. Xa precisaremos un lugar máis grande para os próximos anos.

Os de segundo representaron unha historia:  "O lobo que quería comerse a Papá Noel". Houbo tamén unha réplica dun programa da TV (Tú sí que vales), e moitos bailes e panxoliñas.

En fin:  unha maneira bonita de comezar as vacacións do Nadal.