CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

DÍA DA PAZ

Este venres 30 de xaneiro, coma todos os anos  celebramos o día da Paz. A chuvia non nos deixou celebrar o acto completo, pois non puidemos colgar as nosas gotas de plástico reciclado con mensaxes de paz. Cousa que faremos en canto salga o sol.

Xuntámonos todos no ximnasio e fixemos seis rodas de nenos e nenas, unha por cada curso. Primeiro cantamos a canción de John Lennon "Give peace a chance" e despois bailamos unha danza todos xuntos para celebrar a paz. Todo isto presidido por unha pancarta con frases de Malala e Gandhi.