CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

DÍA DA PAZ 2014

Como xa é habitual cada 30 de xaneiro, o CEP Pedro Caselles fixo un pequeno acto para conmemorar o día da Paz. Primeiro atamos globos brancos que semellaban pombas da paz, logo cantamos "Blowing in the wind" de Bob Dylan, diante dunha pancarta adicada a persoas que traballan ou traballaron pola paz, este video non o colgamos pois a causa dos dereitos de autor tería que sair mudo; e finalmente bailamos todos "Don Melitón". Quedounos pendente pintar un gran mural, pero a causa do mal tempo non puido ser.

 

Para ver os ensaios da danza feitos por tódolos cursos na aula de música premede AQUÍ