CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Solicitude de comedor 24 - 25

Solicitude de Usuario ó Comedor

Curso 2024/25

Estimadas familias:

 

Xa sairon as instruccións para solicitar unha praza no comedor escolar no curso 2024/25 para o/a voso/a fillo/a.

  • Documentación: Anexo II do modelo de autodeclaración. (Modelo que se adxunta)

  • PRAZO: Dende o 17 de xuño ata 27 de xuño. Sempre antes do 1/9/24.

 

Aclaracións:

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2023:

  1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.

  2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

 

casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

 

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

 

Concepto de unidade familiar e renda familiar anual neta per cápita, será o definido na normativa do IRPF.

En base ao disposto no artigo 16 de decreto 132/2013, o concepto de unidade familiar é o definido na normativa do imposto da renda das persoas físicas.

  • No caso de matrimonio: a unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houber: fillos ata 18 anos ou fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente.

  • En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal. A unidade familiar está integrada polo pai ou nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai.

Polo tanto: Calquera outra agrupación familiar, distinta das anteriores, no constitúe unidade familiar a efectos do IRPF.

  • Ninguén pode formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.

  • O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro de cada ano. Polo tanto, se un fillo cumprira 18 anos durante o ano, xa non formará parte da unidade nese período impositivo. Tampouco formarán parte da unidade familiar o membro que falecera durante o período impositivo.

  • Nas parellas de feito só un dos membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos que reúnan os requisitos anteriormente comentados. O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida. Polo tanto, o proxenitor que na súa declaración da renda sinale ao alumno/a usuario de comedor como declarante ou responsable do mesmo a efectos de cálculo da renda per cápita.

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar

Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

  1. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas dos recadros indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.

  2. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas dos recadros indicados, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes dos recadros correspondentes a cotizacións seguridade social, retencións procedentes do traballo e retencións procedentes do capital mobiliario, tal como se recolle no artigo 16.2 terceiro do Decreto 132/2013, do 1 de agosto.

  3. Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxes ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF.

Usuarios Gratuítos do servizo:

Segundo o artigo 11 do Decreto 132/2013. Serán usuarios gratuítos os seguintes:

  • Alumnos/as que se atopen en situacións socioeconómicas de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.

  • Alumnos/as en situación de acollemento residencial ou familiar.

  • Alumnos/as cun grado de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.

  • Alumnos/as pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

  • Alumnos/as pertencentes a unidades familiares cunha renta familiar anual neta per cápita inferior a 7.000 €

Cubrir solicitude:

Na solicitude deberedes marcar a casiña que vos corresponda segundo a contía de renda per cápita.

No caso de que teñades dúbidas de solicitar a praza de comedor, recomendamos solicitala. A solicitude non implica comer tódolos días. Pódese comer por exemplo, só os mércores se van a actividades de deporte, ou algún día que acudan a actividades extraescolares ou Deporte escolar.

Recordar que este firmada polos dous cónxuxes

Tomiño a 17 de xuño do 2024

Un saúdo

O Equipo Directivo