Dende o pasado 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con Necesidade específica de apoio educaivo (NEAE). Se vas a solicitar dita Beca avisar a Vero (orientadora) antes do 21/6/2024.
A solicitude farase de modo telemático nesta ligazón
Tendes toda a información no portal de becas de educación
Que documentación traer:
- Solicitude
- informe Gabinete
- Fotocopia de certificado de discapacidade igual ou superior ao 25 % (se ten) ou informes médicos.
- Fotocopia DNIs de todos os membros da unidade familiar
- Fotocopia da conta corrente na que conste como titular ou cotitular o neno ou nena solicitante.
É moi importante asegurarse de que consten as firmas requeridas:
- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas.
- no apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar (TODOS TEÑEN QUE ASINAR).
Que axudas se convocan:
A) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado TDAH (Trastorno por déficil de atención e hiperactividade), derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
B) Alumnado con Trastorno de espectro autista (TEA)
C) Discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves e comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais para familias numerosas.
D) Alumnado con Altas capacidades