Dende a Terra, nunha noite brilante de estrelas, podemos ver moitas delas, e algunhas parecen estar agrupadas por proximidade, formando figuras imaxinarias. Cada un destes grupos de estrelas forma unha constelación.
Grazas a isto, observando o ceo con atención podemos localizar as distintas estrelas dentro dos seus grupos ou constelacións.