TAREFAS XOVES, 4 DE XUÑO

Bo día!

Hoxe presentámosvos varias actividades. Non vos agobiedes, son cortiñas!

En primeiro lugar comezamos con Matemáticas. Nesta actividade traballaremos as unidades de medida. Debedes responder que unidades de medida empregaríades para medir o tempo, o diñeiro, o peso...É moi sinxelo, pois estas unidades empregádelas a diario!

 

Unha vez rematada esta pequena tarefa, proponémosvos unha actividade de Plástica en familia. A través deste exercicio descubriredes que membro da familia é máis creativo xa que consiste en crear un debuxo a partir dun trazo. Moi divertido, xa veredes!

E para o final deixamos o mellor! Álex preséntanos a súa tartaruga Dona, trátase dunha tartaruga de terra rusa, a través da cal aprenderemos multitude de curiosidades sobre este réptil.

Interesantísimo!!!Risa

Agora, como todos os xoves, propoñémosvos un desafío. O voso compañeiro di no vídeo que Dona hiberna...Con respecto a isto, tócavos responder ás seguintes preguntas.


Tedes ata o luns pola mañá para entregar o desafío!!!

Matemáticas e Plástica enviádenolas hoxe, acabaredes en nada.

Recordarvos que ás 12 tedes videochamada ca profe de música, é a última, así que intentade estar todos.

Feliz Xoves!!!!