TAREFAS XOVES, 21 DE MAIO

Bo día!

Hoxe comezamos escoitando un precioso conto lido por Ainhoa, "Alegría en la granja". A nosa compañeira, engade coidadísimos efectos sonoros que aínda fan o conto máis entretido, xa veredes!Moi atentos!

 

Agora, tócavos responder a unhas sinxelas preguntas.

Ademais, sabedes que fai uns días pedímosvos unha foto cun animal. Pois ben, agora empregaremos esas fotos para crear contos incribles. Clicade sobre a imaxe para acceder á explicación completa.

Unha vez que sabedes perfectamente o que debedes facer, mirade as FOTOS, para coñecer a que compañeiros e compañeiras debedes incluír na vosa historia e que animais.

Recordade, enviarnos o conto ó noso correo. Tedes de prazo ata o luns, 25.

E finalmente, como todos os xoves, propoñémosvos un reto. Esta vez é Leo quen nos ensina ós seus fermosísimos pitiños. Tendo en conta a temática deste vídeo debedes investigar...

 

Xa sabedes que tedes tamén ata o luns para entregar o reto!

Recordarvos, por último, que hoxe tedes unha videochamada ca profe de Música ás 12, non vos esquezades!

Moi bo día!!!Risa