DÍAS ESPECIAIS!

Onte foi un día moi especial para dous dos nosos compañeiros. Contámosvos!!!

Erin recibiu a visita dos bombeiros de Cambados. Estes acudiron a Tomiño e a Goián para realizar labores de desinfección e aproveitando a xornada déronlle unha sorpresa a Erin e a Breo. Menuda sorte!!!

Sara tamén tivo un día moi especial, pois coñeceu ós seus novos pitiños. Como vedes ten unha gran habilidade cos animais! Agora, unha pregunta para vós, sabedes canto tempo pasa dende que a galiña comeza a incubar os ovos ata que estos eclosionan? Investigádeo para luns!