Ola a tod@s! Que tal vos foi na fin de semana? Quero agradecervos a vosa colaboración e participación nas actividades musicais que facedes na casa. Sodes xeniais! Preparad@s para facer música na casa? Esta semana propóñovos dúas actividades de ritmo(escollede unha). Ademais do corpo, necesitaredes un garfo e unha culler ( mellor de madeira) que se poden facer soar golpeando na mesa, nunha caixa de cartón, nun vaso de plástico.... A 1ª actividade é para acompañar unha polka. Primeiro, tal e como aparece no video: palmas, palmas no peito ou palmas na mesa. Fácil, non? Agora xa podedes coller o garfo e a culler para acompañar : Cando aparece a cor azul golpeamos coa culler, a cor vermella co garfo e a cor amarela golpeamos o garfo contra a culler.
A 2º actividade é para acompañar un tema tradicional de Luar na Lubre, titulado "Ronsel". Para que saia ben ides seguir uns pasos , xa que a melodía é rápida:
|
|||