TAREFAS XOVES, 30 DE ABRIL

Bo día!

Hoxe volvemos a disfrutar da Literatura. Esta vez, cunha obra lida por Marcos chamada "20000 Leguas de viaje submarino" de Julio Verne. Trátase dunha apasionante historia! Moi atentos!!!

 

Emocionante, verdade?Agora, debedes responder a unhas sinxelas preguntas sobre a mesma.

Ó rematar facemos Matemáticas. As actividades de hoxe son de repaso. Centrarémonos nas operacións con paréntese (recordade, a operación que se atopa dentro do paréntese é a primeira que se fai sempre). Repasaremos,  a diferenza entre círculo e circunferencia. Ademais, de traballar cun gráfico de barras.

Para aqueles que non recordedes a diferenza entre círculo e circunferencia, fixádevos na imaxe.

 

E para rematar,o máis divertido!!Estase a piques de celebrar a Festa dos Maios, sabedes de que estamos falando? Algúns sí, outros non... Pois ben, a vosa labor será investigar en que consiste esta festa e posteriormente facer o voso maio. Clicade sobre o cartel para saber exactamente en que consiste a actividade.

 

A continuación, deixámosvos unha canción sobre esta fermosa festa chamada "Ahí vén o Maio". Para escoitala pulsade sobre o título. Esperamos que vos guste!!

E sen máis, disfrutade destes tres marabillosos días de descanso que nos esperan!!

Boa Ponte!!!!