TAREFAS MARTES, 28 DE ABRIL

Bo día!!!

Durante este periodo de cuarentena todos temos moito tempo para adicarlle os nosos hobbies: ler, pintar, escoitar música, cociñar... Moitos estádesvos convertindo en auténticos chefs.

Pois ben, Vera, está practicando moito na cociña e quixo compartir con todos unha receita do máis doce!!Se vos gustan as galletas oreo, esta é a vosa receita!!! Atentos!!

 

Apetecible, verdade? Seguro que moitos vos animades a probar esta delicia nas vosas casas. Agora a vosa función será contestar a unhas sinxelas peguntas sobre a receita!!!Clicade sobre a imaxe para acceder ás mesmas!

Unha vez feito isto, centrámonos no traballo de Ciencias Naturais. Hoxe, veremos a clasificación das plantas segundo o seu talo. Antes de facer as actividades lede detidamente a páxina que se vos indica e mirade o vídeo!Serviravos de axuda!!!

  

Cando rematedes con Ciencias, podedes facer unha/dúas páxinas dos Cuadernillo Rubio (Problemas).

E por último, colgamos as solucións do desafío que vos plantexamos o venres!!Como vimos a moitos resultouvos sinxelo, debe ser que cambiamos pouquiño!!Risa

Pulsando aquí accededes as solucións onde se relaciona substantivo e adxectivo.

Mentras que se clicades en Fotos 3ºA e Fotos 3º B, atoparedes os collages cas nosas fotos de pequeniños e as actuais!!!

Sen máis, FELIZ MARTES!!!!