TAREFAS, LUNS 27 DE ABRIL

Moi bos días!!Que tal a fin de semana? Estamos seguras que hoxe estades cas pilas máis que cargadas despois do paseíño que puidestes dar onte!

Con toda esta enerxía, enfrentámonos ás tarefas de hoxe!!!En primeiro lugar, disfrutaremos do simpático conto  "O cuíño independente" lido por Anxo!Para posteriormente, responder ás preguntas sobre o mesmo.

 

Ó rematar Lingua, centrámonos en Matemáticas. Repasaremos o calendario (cantos meses ten un bimestre, un trimestre, un semestre...?). Ademais traballaremos sobre o propio calendario localizando días.

 

Como seguramente tedes moitas gañas de traballar, ó rematar podedes facer unhas páxinas dos rubio, por exemplo: unha folla de restas e outra de divisións!

Por último, tócavos realizar dous xogos online. No primeiro, debedes localizar os substantivos ou nomes (Xogo 1).No segundo (Xogo 2) a vosa labor será relacionar os substantivos co adxectivo axeitado!!!

Unha vez feito isto, rematastes o traballo!!!

Por certo, mañá publicaremos as solucións ó Desafío colgado o venres!!Se alguén non se acordou de facelo está a tempo! Non vos esquezades!

Feliz Luns!!!!