TAREFAS MÉRCORES, 22 DE ABRIL

Bo día!!!

A nosa compañeira Noa cóntanos hoxe un divertidísimo conto que se titula  "Doña Despistada". Atentos á lectura!!

Moi entretido, verdade? Agora tócavos responder ás preguntas sobre este animado relato.

Unha vez feito isto,comezamos Matemáticas. Seguimos traballando O Tempo. En concreto, traballaremos máis detalladamente as unidades de tempo: horas, minutos e segundos.

Para completar as tarefas de matemáticas entrade neste XOGO. A través do mesmo repasaredes as multiplicacións por dúas cifras!!!A moitos, esquécesevos multiplicar a segunda cifra así que é unha forma divertida de practicar iso!Animádevos a probar!

E por último, propoñémosvos un desafío. Clicade sobre el e lede con atención para saber en que consiste! Fixádevos, para hoxe xa tedes un encargo, non fagades como Doña Despistada, e acordádevos de realizalo.


Por hoxe, traballo finalizado!!!Feliz Mércores!!