CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

O DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro o Pedro Caselles celebrou o día da paz. Entre todos construímos frases para a
paz. Despois do recreo xuntámonos todos no ximnasio, cada curso mostrou a súa palabra, e todos cantamos a canción "Desaprender a guerra" que aprendemos durante a semana. Para rematar coas diferentes frases fixemos un bonito mural.

Tamén a profe de inglés fixo unha homenaxe a paz cun mural da cantiga "Imagine".