Este fin de semana chuvioso adicámolo a facer unhas medallas con pasta de sal para facer un recoñecemento especial ás personas más importantes para nós durante o confinamento.
5º Primaria
Animando o confinamento cos nosos Arcos da Vella
A través da ventá
5ºB RECICLA PLÁSTICO E FAI LUVAS
Este venres, na clase de plástica virtual, os alumn@s de 5ºB fixeron unhas luvas moi especiais e moi útiles neste momento de confinamento: reciclaron bolsas plásticas das súas casas e......puxéronse mans á obra cuns resultados espectaculares!!!!
AVISO ÁS FAMILIAS
Bo día!
As titoras de 5º recomendamos que se sigan as recomendacións ante o Coronavirus e, ante a suspensión das actividades lectivas , a nivel académico, seguide as instrucións marcadas na plataforma do E-DIXGAL.
As titoras de 5º de Primaria
OBRADOIROS ARTÍSTICOS EUROCIDADE CERVEIRA-TOMIÑO
Nenas e nenos de 5º de primaria acudiron esta semana e a anterior á veciña Vilanova de Cerveira para participar nos obradoiros artísticos, conxuntamente con nenas e nenos de Cerveira. Esta actividade forma parte da proposta gañadora do Orçamento Participativo Transfronteiriço 2019, impulsada por Associaçoes de Pais e Nais dos Centros Escolares de Cerveira e a Mesa de ANPAS dos Centros educativos de Tomiño.
Esta actividade forma parte do proxecto Eurocidade Cerveira-Tomiño, nenas e nenos das dúas localidades acudiron ao impresionante paraxe do convento de San Paio para compartir esta experiencia artística, na que se misturou arte, valores e reciclaxe.
Para ver máis fotos preme na imaxe.
CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE ACOSO ESCOLAR E OS PERIGOS DE INTERNET
Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria participaron nunha actividade moi especial.Esta actividade está dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación.
O alumnado de 5º curso recibiu unha charla formativa sobre os perigos de internet a cargo do sarxento da garda civil Manuel Martínez, nenas e nenos participaron activamente e recibiron as pautas para evitar os problemas ligados a rede que tanto abondan entre os adolescentes.
Pola súa parte sexto curso, tamén co mesmo ponente da garda civil, estiveron formándose sobre o acoso escolar.
Interesantísima actividade da que se fixo eco a televisión galega, se queres ver o video preme AQUÍ.