Título | Resumo | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Día do libro! |
Este 23 de abril o CEP Pedro Caselles rebosaba de "Sanchos", "Quixotes" e "Dulcineas" grazas ao fotocol que podedes ver na imaxe. Ademais os voluntarios e voluntarias deixaron o centro ambientado en relación a este día, e o certo é que lles quedou marabilloso! Non credes? Non puidemos realizar os "obradoiros roteiros" por mor do tempo, xa que son ao aire libre, pero esta semana esperamos que o tempo nolo permita. Estamos desexándoo!
|
||||||||||||||||

A diversidade enriquécenos |
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional (o próximo venres, 3 de decembro), queremos recordarvos que na Biblio do Caselles contades co recuncho da diversidade, onde podedes atopar libros sobre esta temática, xunto a outras como: diversidade familiar, diversidade cultural, igualdade de xénero, educación emocional…
Polas capacidades diversas.
Se queres… poden!

Día do Libro |
Celebrando o Día do Libro!
Este ano, dende a nosa escola, quixemos celebrar o Día do Libro dunha maneira especial, chea de creatividade e encontros enriquecedores. As iniciativas que levamos a cabo non só promoven o amor pola lectura e os libros, senón que tamén fomentan a colaboración e o intercambio de experiencias entre diferentes grupos da nosa comunidade educativa. Unha das actividades destacadas foi o noso concurso de elaboración de marcapáxinas. Cada neno e nena deixou voar a súa imaxinación, creando marcapáxinas únicos e cheos de cor. Pero sen dúbida, o máis especial destes marcapáxinas é que contiñan un código QR que nos abría as portas a contacontos elaborados polos nosos propios alumnos e alumnas de 3º e 4º. Unha fermosa maneira de compartir historias! Ademais, repartimos os nosos marcapáxinas polo concello, permitindo que calquera poida gozar destas creacións cheas de maxia!
Outra das actividades que nos encheu de ledicia foi “Lemos xuntos”. Aquí, todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de mergullarse nunha experiencia de lectura compartida. Os cativos de cole, recibiron unha visita moi especial do alumnado do instituto, os cales compartiron as súas lecturas favoritas, creando lazos entre diferentes niveles educativos.
Pola súa parte, os alumnos e alumnas do segundo ciclo xuntáronse cos usuarios da asociación AFAGA nunha marabillosa sesión de lectura, onde as idades se mesturaron e as historias os uniron.
E para pechar esta actividade, os nosos nenos e nenas do terceiro ciclo levaron a maxia dos contos ás escolas infantís da nosa zona, facendo representacións cheas de creatividade e emoción.
Estas actividades non só promoven o gusto pola lectura e a creatividade, senón que tamén nos recorda a importancia de compartir experiencias, de unirnos en torno ás historias e de enriquecernos mutuamente. Grazas a todos os que participaron nestas marabillosas iniciativas e que viva a LECTURA! |
||||||||||||||||
O Caselles no camiño: quinto: de Caldas a Padrón |
Imos avanzando no camiño. Agora toca ir de Caldas a Padrón. E a mellor maneira de aguartar o cansanzo que levamos acumulado é escoitando este podcast de 5º. Canta información interesante! |

Día das bibliotecas |
O 24 de outubro conmemorase o Día das Bibliotecas, ese lugar máxico onde os libros cobran vida, e que mellor maneira de celebralo que proxectando a película "Matilda". Matilda, baseada na obra mestra de Roald Dahl, é unha historia que encarna o amor polos libros dunha maneira extraordinaria. A película preséntanos a unha nena prodixio cun apetito insaciable pola lectura. A través da súa astucia e valentía, Matilda demostra que os libros son portais a outros mundos, cheos de imaxinación e posibilidades. Por iso, convidamos a todo o alumnado a visualizar esta película na nosa biblioteca. Grazas aos nosos voluntarios e voluntarias de biblioteca por facelo posible e lernos unhas páxinas desta obra. Descubrindo xuntos o encanto dos libros e a maxia que poden aportar ás nosas vidas.
|
||||||||||||||||
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller | |||||||||||||||||
Recomendacións lectoras | |||||||||||||||||
DÍA DAS BIBLIOTECAS |
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. Para conmemorar esta data tan especial, o alumnado do C.E.P Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán deberá resolver unha misión. Cada día, un grupo de alumnos e alumnas adentrarase nesta aventura, a cal lles permitirá saber cal é o proxecto que se leva a cabo no centro durante este curso académico! Moita sorte a todos /as! Estamos seguros de que o conseguiredes!
|
||||||||||||||||
Día Internacional contra a Violencia de Xénero | |||||||||||||||||
Troco de libros no Camiño polo Día do Libro |
O pasado 23 de abril (sábado) conmemorouse o día do libro. No cole celebrámolo o día anterior, enmarcado no noso proxecto de centro: “O Camiño de Santiago”. Para iso, fixemos un troco de libros percorrendo as diferentes etapas do Camiño Portugués dende o noso pobo (que, por mor da choiva, tivemos que trasladar ao interior do edificio). Facendo clic AQUÍ podedes ver o vídeo publicado en Instagram sobre esta actividade. Grazas, alumnado e familias, pola vosa participación! |

Microrrelatos de medo 2023 |
Benvidos e benvidas á segunda edición do concurso de microrrelatos de medo. Disfrutade destas novas historias arrepiantes!
|
||||||||||||||||
Día mundial do TEA |
Este ano coa finalidade de conmemorar o Día do TEA, 2 de abril, organizamos unha actividade moi especial “Non son invisible” Non poderiamos levala a cabo sen os nosos voluntarios e voluntarias de biblioteca, os cales investigaron e involucraron ás familias. A nosa comunidade educativa xuntouse e elaborou lazos azuis, que foron usados para decorar o enreixado da nosa escola.
Con esta actividade queremos reflexionar e sensibilizar sobre a diversidade que nos rodea, construíndo deste xeito unha comunidade máis inclusiva e solidaria. Agradecemos a todos os que participaron nesta actividade e esperamos seguir colaborando xuntos, creando pontes para seguir avanzando, man a man, trazo a trazo, nunha sinfonía de cor tan infinita e variable como é o TEA.
|
||||||||||||||||
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller |
Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a nosa biblioteca escolar iluminouse cunha actividade única: "Detrás das Cámaras". Foi unha xornada especial na que a conciencia e o aprendizaxe se fusionaron para abordar un tema crucial: a violencia de xénero. Os nosos marabillosos voluntarios e voluntarias da biblioteca uníronse aos alumnos e alumnas nunha sesión de visualización de curtas coidadosamente seleccionados. A través destas historias, abriuse un espazo para reflexionar sobre a violencia de xénero e, o que é máis importante, discutir a urxente necesidade de erradicala. Foi un momento significativo no que se plantexaron preguntas importantes e fomentouse o diálogo sobre este tema crucial. Os voluntarios e as voluntarias guiaron aos estudantes na comprensión de conceptos clave, sensibilizando sobre a importancia de construír un mundo máis igualitario e respectuoso.
A actividade non se detivo na proxección de historias; cada clase mergullouse na creatividade para elaborar o seu propio cartel de película, transmitindo mensaxes poderosas e positivas contra a violencia de xénero. O mural creado colectivamente converteuse nun testemuño visual do compromiso da nosa comunidade educativa para loitar por un cambio significativo.
Este evento lembrounos a importancia de educar en valores, de promover o respecto, a empatía e a igualdade desde idades temperás. Na nosa biblioteca escolar, comprometémonos a seguir sendo un espazo no que se fomente o aprendizaxe, a reflexión e a acción cara a un futuro sen violencia de xénero. Xuntos e xuntas, facemos a diferenza! Grazas por ser parte deste cambio! Pica na imaxe para acceder aos contidos da presentación. |
||||||||||||||||
A CANDELORIA |
O 2 de febreiro conmemorase “A Candeloria”, e como di o refrán “A partir da candeloria, ningunha ave voa soa” Este ano no noso centro investigamos un pouquiño sobre esta festividade, realizamos talleres de sobres e realizamos unhas cartas moi especiais. Pica na seguinte imaxe para descubrir o que estivemos argallando! |
||||||||||||||||
3 de decembro. Día Internacional da discapacidade |
Durante estas semanas conmemoramos o Día Internacional da discapacidade. Para iso o labor dos voluntarios/as da biblioteca foi fundamental. Xa que, permitiron que coñecésemos diversas historias a través das recomendacións lectoras. Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación a favor da inclusión! Pica na imaxe para acceder á presentación. |
||||||||||||||||
Celebrando o Día do Cómic: Explorando novos mundos a través da banda deseñada |
Na nosa biblioteca escolar estamos entusiasmados con celebrar o Día do Cómic, este ano dunha maneira especial. Os nosos voluntarios e voluntarias prepararon unhas caixiñas cheas de emocionantes cómics para que todo o alumnado explore e descubra este xénero literario.
Os cómics non só son unha forma de divertimento e entretemento, senón que tamén axudan a desenvolver a comprensión lectora, estimulan a creatividade, a imaxinación…. Queremos inspirar aos nosos alumnos e alumnas a mergullarse no marabilloso universo da banda deseñada e a gozar da maxia da lectura. Non perdades a oportunidade de descubrir os tesouros que agardan nas nosas caixiñas de cómics!
Recordade que todos estes títulos e máis están na nosa biblioteca! Achegádevos a ler! |
||||||||||||||||
Rosalía de Castro |
Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, en colaboración co EDLG, creamos unha xornada chea de actividades que honran o profundo amor de Rosalía polas flores e como este amor se reflicte nos seus fermosos poemas. Rosalía de Castro atopou na natureza unha fonte inesgotable de inspiración. Nos seus versos, as flores non son só simples elementos decorativos, senón símbolos cargados de significado, reflectindo emocións, estados de ánimo e a propia esencia da autora. Por iso, para conmemorar unha data tan especial, levamos a cabo as seguintes actividades: O Herbario de Rosalía: O noso mural "O Herbario de Rosalía" foi unha oda á conexión da poetisa coa natureza. Nel, recolléronse algunhas das plantas mencionadas nos seus poemas máis emblemáticos, creando un mural que ilustra a sensibilidade botánica de Rosalía.
O Xardín de Rosalía: Tivemos a honra e a sorte de contar coa presenza da autora mesma! Rosalía de Castro acompañounos na creación do "Xardín de Rosalía". Cada clase plantou a flor que lle correspondía, mentres recitaba pequenos versos dos poemas de Rosalía, enchendo o noso xardín coa maxia das súas palabras.
Queremos expresar a nosa máis profunda gratitude a todos os voluntarios e voluntarias que fixeron posible esta marabillosa xornada. Desde aqueles que contribuíron coa organización ata os que se uniron para plantar cada flor con coidado e dedicación, o seu compromiso fixo que este día sexa verdadeiramente inesquecíbel. Hoxe, ao celebrar o legado de Rosalía de Castro, aprendemos non só sobre o seu profundo amor polas flores, senón tamén sobre a importancia de conectar coa natureza a través da poesía. Que este día nos inspire a seguir explorando o mundo que nos rodea con ollos poéticos e corazóns cheos de gratitude. Grazas a todos por facer deste día un verdadeiro homenaxe á beleza e á poesía! Así foi a súa visita:
Pica na imaxe e descobre más sobre Rosalía! |
||||||||||||||||
Día do libro | |||||||||||||||||
Aporta e non apartes |
Ola a todos e todas! O 3 de decembro, conmemoramos o Día da Discapacidade cunha actividade especial na nosa biblioteca escolar. Este ano, decidimos levar a cabo a iniciativa "Aporta e non apartes" co obxectivo de destacar a importancia da inclusión e a diversidade na nosa comunidade educativa. Os voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca traballaron con moita ilusión para crear un puzzle xigante no que incorporamos a todos os alumnos e alumnas do noso centro. Cada peza deste puzzle non só representaba a imaxe de cada neno e nena, senón tamén a súa individualidade e a contribución única que cada un aporta a nosa escola.
Esta actividade non só foi unha representación visual da nosa diversidade, senón tamén unha maneira de lembrarnos que cada persoa é esencial coas súas distintas habilidades e peculiaridades. Agradecemos o compromiso e entusiasmo dos voluntarios e voluntarias da biblioteca por facer realidade este puzzle tan especial. Foi unha experiencia conmovedora e significativa para todos nós. Seguiremos traballando arreo na biblioteca para promover un ambiente inclusivo e diverso. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e participación nesta marabillosa actividade. Ata a próxima, |