* Que movemento fai a lúa, respecto a Terra? E a Terra respecto ao Sol? Cres que encontran satisfactorio facer estes movementos?
* Para que serve un cabaliño de madeira? Que leva o cabaliño de madeira sobre o seu lomo? Cres que iso satisface ao cabaliño?
* Que elementos decoran o fondo da imaxen que non pertencen ao firmamento? Con que artes ou actividades os poden relacionar?
* Algunha vez practicaches algunha destas actividades? Víches ou escoítaches que outros as practicaban? Como che fixo sentir?
* Que sensación xeral che transmite a imaxen?
O Emocionario dí:
"A Felicidade é diferente para cada persoa. Somos felices cando disfrutamos das nosas capacidades, do que podemos ou sabemos facer.
Que te pode facer feliz?
Prantar un laranxo, encaixar as pezas dun puzzle, fornear un pastel, montar un moble, escribir un poema, resolver problemas de matemáticas... Hay moitas actividades que che poden facer feliz, se as ves coma unha oportunidade para disfrutar.
A Felicidade é unha sensación de satisfacción cara a túa propia persoa. non a confundas coa ALEGRÍA."