Skip to Content

   Enlace Aula Virtual                       

RADIO ESCOLAR NEIRA VILAS NA ONDA

Neste curso escolar 23-24 fíxose unha completa instalación de megafonía no centro, a través dunha empresa especializada, colocando altofalantes polos corredores e vestíbulos en cada unha das tres plantas do edificio escolar. Colocáronse tamén altofalantes na fachada principal exterior

Todo este sistema de megafonía está centralizado na Secretaría do centro, onde se instalou unha unidade central de control do sistema. Prográmase a música das entradas-saídas e a música ambiente en corredores e vestíbulos. Existe un micrófono que permitirá dar as alertas en simulacros e situacións de emerxencia (Plan de Autoprotección do Centro aprobado no curso 22-23) e as mensaxes que se requiran. Continuamos así, fortalecendo o Plan de Autoprotección e ampliar as medidas en relación a inclusión e a redución da contaminación acústica tanto no exterior como no interior do cole. No curso 23-24, o timbre que indicaba as entradas e saídas do colexio, foi substituído integramente por música, acabando así coa contaminación acústica e facendo máis agradable o momento que anuncia as entradas e saídas ás clases. Agora xa entramos con música!

 

OBXECTIVOS

  • Comezar a xornada cunha actitude positiva, promovendo un ambiente agradable e enriquecedor no centro educativo.
  • Ampliar a cultura musical do alumnado, permitindo que teñan acceso a estilos musicais diferentes aos que escoitan habitualmente.
  • Desenvolver habilidades musicais, propiciando unha escoita activa.
  • Fomentar a curiosidade cara á música que se escoita e o autor/a da mesma.
  • Na selección de música participan, achegando propostas, alumnado e profesores, que teñen en conta os seguintes criterios:
    • Procurarase seleccionar xéneros musicais aos que o noso alumnado estea pouco exposto e que supoñan un enriquecemento da cultura musical: grandes compositores da música clásica, bandas sonoras de películas, grupos e cantantes destacados de diversos estilos musicais.
    • Tratarase que sexan obras musicais e cancións que favorezan un bo ambiente, que esperten emocións positivas e constitúan un referente no seu estilo. Durante unha semana reproducirase por megafonía a música seleccionada durante as entradas e saídas. Semanalmente, se non se decide outra cousa, na web infórmase da música que está a soar e faise unha breve recensión achega do estilo musical, o autor e/o o porqué desa elección.

 



page | by Dr. Radut