Co gallo de conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 5º e 6º curso, participou nunha charla impartida pola investigadora do Programa Miguel Servet, no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Mónica Martínez. De primeira man, os nenos e nenas, tiveron a oportunidade de coñecer a traxectoria profesional dunha muller científica no campo da oncoloxía.
Aprenderon aspectos moi interesantes respecto da investigación sobre o cancro, ademais de animar as nenas, especialmente, a interesarse polo ámbito científico.
Mónica Martínez deu a coñecer ao alumnado ASEICA, "Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer", e a iniciativa CONÓCELAS, cuxo obxectivo é dar visibilidade a investigadoras científicas do cancro.
Grazas a Mónica Martínez pola súa magnífica exposición e pola súa implicación e o seu labor de investigación desta patoloxía
Hoxe celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. O acto partiu da lectura dun manifesto por parte do alumnado e a celebración da carreira solidaria participando destes "Kilómetros de Solidaridade" que ademais de deporte supón educación e valores, onde todos nós, pero sobre todo os máis pequenos, somos os protagonistas.
É con esta celebración, queremos manifestar o noso rotundo rexeitamento a toda forma de violencia, xa sexa verbal ou física.
PREME NA FOTO PARA VER A PRESENTACIÓN
O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. O obxectivo desta data é lembrar á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.
Este día mundial lembra que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, a educación e a protección, entre outros, independentemente do lugar do mundo no que nacesen e así traballámolo dende a escola.
Gozamos dun tempo de recreo diferente onde puidemos compartir e xogar con numerosos xogos tradicionais. O alumnado de 6º, coa axuda dalgúns compis de 5º, titorizou ao resto do cole nun tempo onde alumnado e profesorado tentaron lograr cumprir todos os retos entre sorrisos e unha convivencia en harmonía total.
Gracias á Asociación de Búsqueda y Salvamento de Galicia o alumnado de 5º e 6º participaron nun obradoiro de Primeiros Auxilios no que Javier, voluntario da Asociación e técnico do 061, ensinounos o que debemos saber para poder axudar a quen nos necesite nunha emerxencia.
Estamos agardando que volva para seguir aprendendo co resto de grupos!
MOITAS GRACIAS JAVI!!!
Aquí vos deixamos un resumo das actividades que levamos ata o momento na nosa Semana da Ciencia!
Tivemos a oportunidade de programar robots con Samuel e Adrián de GaleSpace, estudar os bichiños do solo dos nosos composteiros a través de lupas e microscopios con Edith Uhía, charlas online coas científicas de ASEICA polo Día Internacional da muller e a nena na Ciencia 11F, outro obradoiro con Nieves Vidal tamén científica do CSIC...e aínda nos queda para rematar esta semana o Planetario! Descubrimos un montón de temas interesantes!
AGRADECÉMOSLLE A TODAS AS PERSOAS, QUE PARTICIPARON NESTAS ACTIVIDADES, A SÚA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN CO NOSO ALUMNADO! SODES XENIAIS!! :)
Ao longo da semana pasada e con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, o alumnado de 5º e 6º de Primaria compartiu sesións online con catro investigadoras científicas que lles acercaron o seu traballo, as súas experiencias persoais e o camiño que levan recorrido ata o momento nas súas vidas.
María Mayán, do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña, Yolanda Diz, do Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Vigo, e Tania Rivera e Daniela Amorín, pertencentes ambas ao Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, trasladaron ao alumnado a paixón polo seu traballo e o esforzo e constancia que as levaron a onde están actualmente.
Desde o centro queremos agardecer a todos e todas os que fixeron posible estes encontros e desexamos que o noso alumnado sea quen de acadar os seus soños como o están a facer as nosas invitadas desta ocasión.
Da comezo a Fase 3 do proxecto "Camiños escolares seguros"
Martes 10 de decembro ás 18:00h
CONTAMOS CON VÓS