CEP Marcos da Portela |
|
Documentos de centro CURSO 2024-2025Nun creativo Mar cos da PortelaEventos
Iniciar sesiónUsuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
|
ACTIVIDADES E SAÍDAS 2023- 2024CONTO DE SAMAÍN Un pracer contar con nais e pais que se ofrecen para vir ao cole a contarnos un conto, nesta ocasión...de medo!! Grazas. SAMAÍN Que ben o pasamos no Samaín, cabazas decoradas, contos de medo, pócimas, lendas...aquí tendes unha mostra. Agardamos que vos guste!. MAGOSTO Á rica castaña!! O tempo non nos deixou disfrutar dos xogos populares pero nada impediu que coméramos as castañas asadas por Paco, o Castañeiro! Ricas, ricas. CONCERTO DA BANDA DE SALCEDO Como nos gusta a música, sobre todo cando ben da man da banda de Salcedo. Fantásticos músicos e ata un director de orquesta improvisado!. CONTACONTOS E ILUSTRACIÓN Que boa mañá pasamos con Muriel e iván Alfaro, viñeron a presentarnos os seus libros infantís e agasalláronnos cunha sesión de contos e cun taller de ilustración. Gozamos moito escoitándoos e ademais, aprendimos a debuxar a Alfonso, o lobiño protagonista. CHARLA DE INCLUSIÓN (ASOCIACIÓN AMIZADE) O 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Grazas á voluntarios da Asociación Amizade de Monte Porreiro, puidemos acercarnos un pouco á vida de 3 persoas con dicapacidade, as dificultades que se lles presentan día a día e tamén as súas habilidades, retos e as ensinanzas que lles deu a vida. déronnos moitos consellos e pasamos unha agradable mañá de charla con eles, agardamos volver a vernos. Grazas!. CHARLA PLAN DIRECTOR Un ano máis tivo lugar no colexio unha charla do Plan Director. A mesma foi impartida por axentes da Policía Nacional e tratou sobre o uso das TICs. Grazas a todas as nais/pais que nos acompañaron. CROSS XOGADE (2º NIVEL) No colexio temos grandes deportistas, aquí un claro exemplo. Fotos tomadas no Cross Xogade provincial celebrado na Illa das Esculturas. TENIS DE MESA O clube de tenis de mesa de Monte Porreiro visitou o colexio para darnos a coñecer esta disciplina. Ademais de practicar puidemos difrutar do xogo de Cristian e Judith, grandes profesionais!. CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE DE CAMPO A TRAVÉS. O 16 de decembro celebrouse en Zamáns (Vigo) o Campionado Provincial de Campo a Través. A pesares de ser unha mañá fría, os nosos representantes, Eva, Joel e Hugo, de 4º de primaria, fixeron unha fantástica carreira acadando moi bos resultados. Noraboa aos nosos/as deportistas! ATLETISMO EN PISTA. Os nosos alumn@s de 4º nivel participaron nesta actividade deportiva no Centro Galego de Tecnificación nunha xornada moi divertida na que participaron en diferentes probas de velocidade, resistencia, lanzamentos e saltos. ACTIVIDADES XOGADECONTRATOS PROGRAMA 2023-2024BIBLIOTECAEste ano e o pasado contamos cunha incrible oferta de actividades promovidas para fomentar o uso da biblioteca do noso centro. Baixo o lema "OS MARTES CONTAN CON ARTE", os martes o noso alumnado desfruta de contacontos, maxia ou teatro! Preme na foto para ver as diferentes actividades!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS Preme aquí para ler as diferentes recomendacións que vos propón dende a nosa biblioteca
PLAN PROXECTA+
Neste apartado podedes ver as actividades desenvolvidas ao longo do curso 22/23, dentro dos Plans Proxecta+.
PFPP 2022-2023: A NOSA RADIOEste ano, e dentro do noso proxecto de formación no centro (PFPP), o profesorado segue actualizándose e poñéndose ao día co seminario da radio e o grupo de traballo de robótica. Tivemos sesións de relatores para as dúas temáticas reunións de traballo (ademais do reforzo que nos deu o noso profe Rafa). A NOSA RADIO!Aquí tendes a ligazón do noso canal en IVoox. Poderedes escoitar todos os podcasts que se fan co alumnado do noso centro; todos, ben interesantes!! MONTERROBÓTICASOMOS DEPORTE!MATEMÁTICAS MANIPULATIVASO alumnado do Marcos aprende Matemáticas dun xeito manipulativo, dinámico e significativo! Preme AQUÍ para comprobalo!
CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA PROFESORADO E FAMILIASNAIS "ARTISTAS" DO NOSO PATIONunca poderemos agradecerlles ás nais, que lle deron vida ao noso patio, o seu tempo e dedicación. Todas elas, sobre todo a a Ana, Raquel e Inés, traballaron a esgalla e regaláronnos, ademais do seu tempo, uns patios alegres e dinámicos onde o noso alumnado desfruta cada día. Mil grazas!! Preme AQUÍ para ver as fotos.
NOVASRECURSOS SOBRE COVID-19 PARA AS FAMILIAS ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2021 - 2022 (NOVOS PRAZOS)LIBROS DIXITAIS DE INGLÉS EN BLINKLEARNING CISCO WEBEX MEETINGS (SERVIZO DE VIDEOCONFERENCIAS) POEMAS COMPARTIDOS!!!(A PALABRA SABOROSA) Recomendacións para ter acceso a libros en formato dixital QUERES ESCOITAR CONTOS? POIS... KALANDRAKA TV DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (A PALABRA SABOROSA) PÁXINAS INTERESANTES PARA TRABALLAR NA CASAWEB INTERESANTESRECURSOS II |