Saúdo

 

MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 24_25

DATAS E HORARIOS POR NIVEL:

 

: VENRES, 6 DE SETEMBRO. 12.00H NAS AULAS DE 1º A E B.

: MARTES, 17 DE SETEMBRO. 16.15H NA BIBLIOTECA.

: MARTES, 17 DE SETEMBRO. 16.15H NO SALÓN DE ACTOS.

: MARTES, 24 DE SETEMBRO. 16.15H NA BIBLIOTECA.

INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR FANPA

Achegamos a carta informativa para que se poidan dar de alta ou renovar os servizos de madruga e comedor para o curso 2024-25.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO_CURSO 2024/25

LISTAXE de libros de texto para o curso 2024_25.

PROCESO DE AVALIACIÓN E RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS

De acordo coa seguinte documentación oficial:

- Ordes polas que se establecen a ordenación e ou currículo e se regula a avaliación das distintas etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Informámoslles que, unha vez realizada a avaliación e entregadas as notas, dispoñen dun prazo de 2 días para reclamacións das cualificacións.

ÁBRESE O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2024/2025

A partir do 20 de xuño de 2024 e ata o 30 do mesmo mes, poderán formalizar a matrícula para o curso 2024 - 2025.

Teñen que realizar este trámite os/as alumnos/as novos/as no centro; é dicir, o alumnado da EEI Fina Casalderrei, que entra en 1º de EP e foi admitido no proceso de reserva e o alumnado de calquera  nivel  procedente doutros centros e que foi admitido no prazo de admisión correspondente.

Deberán presentar a seguinte documentación:

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL 2024-2025

Dende o 21 de maio e ata o 21 de xuño de 2024 está aberto o prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de E.Primaria), material escolar (todos os niveis) e préstamo de libros (3º e 4º),para o curso 2024-2025.

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

Hoxe , 25 de abril, publicáronse as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2024-25.

Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

INÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN NESTE CENTRO PARA O CURSO 2023-2024.

O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo.

Teñen máis información no documento adxunto e no taboleiro do centro.

 

 

Distribuir contido