O día 30 de xaneiro, Día Escolar pola non Violencia e a Paz, o noso colexio quere celebralo relacionándoo con algún dos deportes que teñen a súa presencia no proxecto que estamos a traballar neste curso, “Lectura: deporte de aventura”, As Olimpíadas ao longo da historia.
Todos sabemos os valores que nos transmiten os deportes, tanto de desenvolvemento persoal como social: afán de superación, respecto á persoa, tolerancia, autodisciplina, cooperación, responsabilidade, acatación das regras, perseverancia e, sobre todo, o esforzo, a constancia e o compañeirismo.
Por todo isto, un deportista que presenta todos os valores mencionados e que practica un dos deportes que máis éxitos trouxo para Galicia, o piragüismo, IñaKi López Rey, lerá o Manifesto pola Paz que elaboraron alumnos de 5º.
|
|
|
Iñaki é mestre, aínda que non exerce, natural de Vigo, vive actualmente en Baiona, pertence ao club de Mar Ría de Aldán e participa na categoría de veteranos.
|
Nomeado, en piragüísmo, o Mellor Deportista Masculino de Baiona do ano 2011. O seu palmarés comeza no ano 2009 cunha medalla de ouro, tres de prata e unha de bronce, continúa no 2010 e no 2011, sendo a última participación, ata agora, no campionato do mundo de Singapur, conseguindo nel a medalla de ouro de maratón na modalidade de canoa -C2- e subcampeón, medalla de prata, de maratón en canoa –C1- .
POWERPOINT CO PALMARÉS DE IñaKi López Rey